Concello de Parada de Sil

Rio Mao - Fábrica da Luz

Accederás á Fábrica da Luz dende un desvío. Dende esta antiga central hidroeléctrica sae un sendeiro que por unha pasarela de madeira che permite percorrer o último tramo do curso do río Mao (percorrido duns 850 m).


 

O no Mao, o que foi humanizado

Este sendeiro percorre a escarpada beira do río Mao ata a súa desembocadura no Sil. Unha terra que foi inaccesible ata que, hai séculos, se construíron os pataos (socalcos) que verás nas súas ladeiras. Esta é a evidencia de sacrificios pasados para dispor de novas terras cultivables. O río que na ldade Media limitaba o dominio do Mosteiro de Santa Cristina, produce enerxía eléctrica desde a primeira metade do século XX. Xa non se sorprende de proxectos humanos e segue o seu paso sonoro, ás veces bravo, para quen queira vir escoitalo.

 

Vista Panorámica . Faga click na imáxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

¿No puede ver la imagen panorámica? Debe instalar el archivo Java.
Descargue de aquí el programa Java
: www.sun.com