Mércores, 06 Setembro 2017 08:28

O DUO FADO IBERIA ABRE A TERCEIRA EDICIÓN DO CICLO SONS DA TERRA NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL

O guitarrista Manuel de Oliveira e a fadista Cristiana Águas son dous referentes no panorama musical portugués contemporáneo
O Ciclo Sons dá Terra, chega á súa terceira edición no incomparable marco do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, un espazo, concibido para a música debido á súa portentosa acústica. Nesta primeira cita, o vindeiro sábado 9 de setembro de 2017, será o proxecto Fado Iberia quen abrirá o telón. Dúo de gran calidade musical composto por Manuel de Oliveira e Cristiá Águas. O concerto terá lugar ás sete da tarde e conta coa colaboración do Concello de Parada de Sil, Deputación de Ourense e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
Manuel de Oliveira é un dos expoñentes da guitarra clásica de Portugal na actualidade. Compañeiro de experiencias de músicos como Jorge Pardo ou Carles Benavent, elixido como un dos integrantes da homenaxe a Paco de Lucía no Festival de Jazz de Lisboa e figura indispensable do excelso elenco de artistas que poboaron Guimaraes durante o seu período como capital Europea da Cultura en 2014, chega a Santa Cristina na súa plenitude.
Pola súa banda, Cristiá Águas, é unha das voces de maior referencia da nova xeración do fado. Recibiu innumerables recoñecementos en noites de Fado por todo o país e deu voz ao personaxe da inmortal fadista Amália Rodrigues no filme “Amália Rodrigues”. Cantou nas máis prestixiosas casas de Fado e actúa regularmente no Club de Fado de Lisboa. Levou a súa proposta musical a Brasil, Holanda, Reino Unido, Francia e Rusia.
A segunda cita será o seguinte sábado, 16 de setembro, coa participación de Lume Divino, da man de Mu Mbana&Jesús Mañeru. 
As entradas para o día 9 poderán solicitarse ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 652820140, ao prezo de 12 euros cada unha.
 
Vostede está aquí: Home