.

AVISO DE PECHE DO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA POR EVENTO MUSICAL E CULTURAL 22 E 23 OUTUBRO 2023

Venres, 13 Outubro 2023 11:42
O Concello de Parada de Sil comunica que o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes,residentes, senderistas e vehículos desde as 17:30 hrs. do sábado 21 ata as 10:00 hrs. do martes 24 de outubro 2023 por mor do Evento Cultural e musical PRE-WOMEX no interior do mosteiro e na súa contorna.
 

NON SE PERMITIRÁ NINGÚN DOS 2 DÍAS BAIXAR AS ESCADAS PARA ACCEDER AO INTERIOR NIN AO EXTERIOR DO MOSTEIRO POR GRAVACIÓN DO EVENTO.

 
Queda terminantemente prohibido acceder ao Mosteiro:
 
  • Pola estrada de acceso dende Castro ata o Mosteiro.
  • Polo sendeiro PR-G 98 Canón do Sil-Sta. Cristina no tramo de desvío ata o mosteiro.

 

 
 
 
 
¡Graciñas pola súa colaboración!
 
 

 

 

 

 

 

 

AVISO DE PECHE DO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA POR EVENTO MUSICAL E CULTURAL 10 XUÑO 2023

Venres, 09 Xuño 2023 14:31
O Concello de Parada de Sil comunica que o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes,residentes, sendeiristas e vehículos dende as 17:30 hrs. do venres 9 de xuño ata as 15:30 hrs. do sábado 10 de xuño 2023 por mor do Evento Culturtal e musical LUGARES VIVOS no interior do mosteiro e na súa contorna.
 
Queda terminantemente prohibido acceder ao Mosteiro:
 
  • Pola carreteira de acceso dende Castro ata o Mosteiro.
  • Polo sendeiro PR-G 98 Canón do Sil-Sta. Cristina no tramo de desvío ata o mosteiro.
  •  

VENDA DE ENTRADAS PARA O EVENTO "LUGARES VIVOS 10 XUÑO 2023" NA SEGUINTE LIGAZÓN: LUGARES VIVOS - MOSTEIRO DE STA. CRISTINA 10 XUÑO 2023

 

 
 
 
¡Graciñas pola súa colaboración!
 
 

 

 

 

 

 

AVISO DE PECHE DO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA POR GRAVACIÓN DE EVENTO MUSICAL

Domingo, 13 Novembro 2022 15:46
Aquilino Domínguez, alcalde do Concello de Parada de Sil comunica que o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes,residentes, sendeiristas e vehículos dende o Luns 14 de novembro dende as 16:00 hrs. ata o xoves 17 de novembro ata as 11:00 hrs. porque vaise proceder á gravación dun evento musical no interior do mosteiro e nasúa contorna.
 
Queda terminantemente prohibido acceder ao Mosteiro:
 
  • Pola carreteira de acceso dende Castroata o Mosteiro.
  • Polo sendeiro PR-G 98 Canón do Sil-Sta. Cristina no tramo de desvío ata o mosteiro.
¡Graciñas pola súa colaboración!

 

 

AVISO DE PECHE DO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA POR GRABACIÓN DE FILME

Domingo, 04 Setembro 2022 08:59

O Concello de Parada de Sil comunica que os vindeiros días luns 12 e martes 13 de setembro 2022 o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes e veciños porque vaise proceder a grabación dun película no interior do mosteiro e na súa contorna.

Queda terminantemente prohibido acceder ao Mosteiro:

  • Pola estrada de acceso dende Castro ata o Mosteiro.
  • Polo sendeiro PR-G 98 Canón do Sil-Sta. Cristina no tramo de desvío ata o mosteiro.

Grazas pola súa colaboración!

 

 

AVISO DE LICITACIÓN DO BUS-LANZADEIRA A STA. CRISTINA NO VERÁN 2022

Luns, 13 Xuño 2022 11:00

O Concello de Parada de Sil comunica a publicación para a licitación do contrato de Servizo do Bus-Lanzadeira desde Parada de Sil ata o Mosteiro de Sta. Cristina no Verán 2022:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=804762&lang=gl

As ofertas deberán presentarse de formar electrónica a través do SILEX (Sistema de Licitación Electrónico):

https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet/inicio.action

O prazo de presentación de ofertas será ata as 14.00 horas do día 27.06.2022. A apertura terá lugar o 28.06.2022 ás 10.00 horas.

+ INFO na sede electrónica do Concello de Parada de Sil

 

AVISO · 28 ABRIL 2022 · CIERRE DEL MONASTERIO DE STA. CRISTINA A LAS VISITAS EL PRÓXIMO DOMINGO 1 MAYO 2022

Xoves, 28 Abril 2022 12:26

 

El próximo domingo 1 de mayo 2022 el Monasterio de Sta. Cristina acoge la actuación del arpista Andrew Lawrence-King, dentro del  XV Festival de Música "Pórtico del Paraíso".
 
Por lo que se comunica que el Monasterio permanecerá cerrado desde las 14:00  hrs. hasta las 21:30  hrs. de ese mismo día para organización del evento, quedando completamente suspendidas las visitas al monumento.
 
Gracias y disculpen las molestias!

AVISO · 28 ABRIL 2022 · PECHE DO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA ÁS VISITAS O VINDEIRO DOMINGO 1 MAIO 2022

Xoves, 28 Abril 2022 12:19

 

O vindeiro domingo 1 de maio 2022 o Mosteiro de Sta. Cristina acolle a actuación do arpista Andrew Lawrence-King, dentro do XV Festival de Música "Pórtico do Paraíso".

Polo que se comunica que o Mosteiro permanecerá pechado dende as 14:00 hrs. ata as 21:30 hrs. para organización do evento quedando completamente suspendidas as visitas ao monumento.

Grazas e desculpen as molestias!

BANDO · 11 ABRIL 2022 · ASUNTO: PROHIBICIÓN DE BAIXAR AO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA EN SEMANA SANTA

Martes, 12 Abril 2022 13:16
Grazas pola vosa colaboración na protección deste territorio e facer máis sostible o turismo.
 

DECRETO · 20/DECEMBRO/2021 · BASES QUE REXERÁN PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE CARÁCTER TEMPORAL DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Mércores, 15 Decembro 2021 20:05

BASES QUE REXERÁN PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE CARÁCTER TEMPORAL DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

Mediante Decreto de Alcaldía 215-2021 de 20/12/2021 acordouse aprobar as Bases para a formación dunha Bolsa de Emprego de Auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Parada de Sil.
 

LER O DECRETO E AS BASES AQUI: BASES PARA FORMACIÓN DE AUXILIARES DO SERVIZO NO FOGAR

DESCARGA AQUÍ: MODELO DE SOLICITUDE + MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

BANDO· 20 AGOSTO 2021· ASUNTO: PRAZA DO CURTIÑEIRO PECHADA AO TRÁFICO ÁS 22:00 hrs. por CINE NA RÚA

Venres, 20 Agosto 2021 17:16

Comunicamos que por mor da proxección do Cine na Rúa co filme "CUÑADOS" esta noite a estrada a Os Torgás na altura da Praza do Curtiñeiro estará pechada dende as 22:00 hrs. ata o remate do filme.

Desculpen as molestias!

BANDO·12 MAIO 2021·FAIXAS DE LIMPEZA PERIMETRAIS CONTRA OS INCENDIOS EN PARADA DE SIL

Mércores, 12 Maio 2021 14:04

 

BANDO·14 ABRIL 2021· ASUNTO: CORTE DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE PARADA DE SIL

Venres, 16 Abril 2021 11:08

BANDO·14 ABRIL 2021· ASUNTO: CORTE DE AUGA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE PARADELLAS

Venres, 16 Abril 2021 10:58

DECRETO · 5/ABRIL/2021 · NOMEAMENTO MEMBROS DO XURADO DO IX CONCURSO DE MICRORRELATOS 2021

Xoves, 08 Abril 2021 09:50

O pasado mércores 31 de marzo remataba o prazo para presentar os microrrelatos para a Novena Edición do Concurso de Microrrelatos 2021 do Concello de Parada de Sil.

Dº. Aquilino Domínguez Díaz, Alcalde do Concello de Parada de Sil, en relación cos membros do Xurado do IX Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil, nomea as seguintes persoas como membros do Xurado do IX concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra 2021:
 
Presidente: Dº. Antonio Carreño González
Vogais:Dº. Arturo Fernández Novoa
Dº. Delfín Caseiro Nogueiras (Actuará tamén como Secretario)
 

BANDO·23 marzo 2021·Ref. RECOLLIDA DE ENSERES EN PARADA DE SIL

Mércores, 24 Marzo 2021 13:36

BANDO·16 marzo 2021·Asunto: INSPECCIÓNS PERIÓDICAS ITV VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Mércores, 24 Marzo 2021 13:17

RESULTADO DO CONCURSO DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO

Venres, 12 Marzo 2021 15:28

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ven de firmar o decreto de resolución do concurso de contratación temporal dun técnico de turismo municipal, no  que resultou elixido Fernando Souza Caride. Para ver íntegro o documento, prema a continuación. files/20210312_Publicacin_Anuncio_Tabloleiro_de_Edictos__Resultado_tcnico_de_turismo.pdf

RESULTADO DO CONCURSO DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

Venres, 12 Marzo 2021 15:24

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, acaba de firmar o decreto de resoluión do concurso de contratación temporal dun técnico de información turístico, no que resultou elixido Manuel Ángel Pérez Vázquez. Para ler íntegro o documento, prema a continuación. files/20210312_Publicacin_Anuncio_Tabloleiro_de_Edictos__Resultado_auxiliar_informacin_turistica.pdf

RESULTADO DO CONCURSO DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS

Venres, 12 Marzo 2021 15:16

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, acaba de firmar o de creto de resolución do concurso de contratación temporal dun peón de obras públicas, resultando elixido David Iglesias. Para ler integramente o documento, premer a continuación. files/20210312_Publicacin_Anuncio_Anuncio_tabln.pdf

RECTIFICACIÓN DUN ERRO MATERIAL NO DECRETO DE APROBACIÓN DA RELACIÓN DE ASPIRANTES A UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE TURISMO

Mércores, 10 Marzo 2021 17:07

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ven de firmar un decreto de rectificación dun erro material no decreto de aprobación da relación de aspirantes ó procedemento selectivo para a contratación dun técnico de turismo. Para leer o documento completo, prema a continuación. files/20210310_Resolucin_Decreto_DECRETO_2021-0034_Decreto_rectificacin_Resolucin_de_alcalda_de_admitidos_tribunal_e_proba_1.pdf

 

RECTIFICACIÓN DUN ERRO MATERIAL NO DECRETO DA APROBACIÓN DA RELACIÓN DE ASPIRANTES Á UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

Mércores, 10 Marzo 2021 16:47

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ven de firmar un decreto de rectificación dun erro material no decreto de aprobación da relación de persoas admitidas e excluídas no procedemento selectivo para a contratación dunha/dun auxiliar de información turística. Para ler o documento na sua integridade, prema a continuación. files/20210310_Resolucin_Decreto_DECRETO_2021-0035_Decreto_rectificacin_Resolucin_de_alcalda_de_admitidos_tribunal_e_proba.pdf

RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA/DUN TÉCNICO DE TURISMO

Martes, 09 Marzo 2021 17:34
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, acaba de aprobar unha resolución coa aprobación provisional da lista de admitidos e excluídos -con especificación, no seu caso, dos motivos de exclusión, no proceso selectivo para a contratación dun técnico de turismo municipal. Para ver o documento completo, prema a continuación. files/20210309_Resolucin_Decreto_de_Alcalda___Decreto_de_Presidencia__DECRETO_2021-0032_Decreto_aprobacin_admitidos_tribunal_e_proba_tcnico_turismo_1.pdf
 

RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA/DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

Martes, 09 Marzo 2021 17:25
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ben de firmar unha resolución ca aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos -con especificación de motivos de exclusión, no seu caso- no proceso de selección de contratación dunha/dun auxiliar de información turística municipal. Para ver o documento completo, prema a continuación. files/20210309_Resolucin_Decreto_de_Alcalda___Decreto_de_Presidencia__DECRETO_2021-0031_Decreto_aprobacin_admitidos_tribunal_e_proba_auxiliar_informacin_turistica_1.pdf
 

RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS NA SELECCIÓN PARA CONTRATACIÓN DUN PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS

Martes, 09 Marzo 2021 17:10

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ven de firmar unha resolución coa aprobación da lista provisional de admitidos e exclúidos no procedemento selectivo para a contratación dun peón de obras públicas, con especificación -no seu caso- dos motivos de exclusión. Para ver o documento completo, prema a continuación. files/20210309_Resolucin_Decreto_de_Alcalda___Decreto_de_Presidencia__DECRETO_2021-0030_Decreto_aprobacion_admitidos_tribunal_e_proba_pen_obras_pblicas_1.pdf

 

BASES PARA LA SELECCIÓN Y CONTRATACIÓN DE UN/UNA PÉON DE OBRAS PÚBLICAS DO CONCELLO DE PARADA DE SIL.

Xoves, 04 Marzo 2021 20:07

O concello de Parada de Sil acaba de publicar as bases para seleccionar e contratar un ou unha peón de obras públicas que terá como cometido levar a cabo todos aqueles traballos relacionados coa prestación de servizos básicos municipais. Para ler o contido íntegro das bases e os requisitos esixidos nas mesmas, prema a continuación. files/20210304_Outros_Bases_Bases_peon_obras_publicas.pdf

 

BASES PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE PARADA DE SIL

Xoves, 04 Marzo 2021 19:56
O Concello de Parada de Sil acaba de publicar as bases para a selección e contratación dun/dunha auxiliar de información turística do concello que terá, entre outras funcións propias do posto, o apoio á xestión administrativa da Oficina de Turismo ou o control da entrada e saída das persoas que acoden á Oficina de Turismo. Para ler as bases cos requisitos e condicións esixidos, prema a continuación. files/20210304_Outros_Bases_Bases_auxiliar_informador_turismo.pdf
 
 

BASES PARA A CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO DE TURISMO NO CONCELLO DE PARADA DE SIL

Xoves, 04 Marzo 2021 19:38

O concello de Parada de Sil acaba de publicar as bases polas que se han de rexir a selección e contratación dun técnico de turismo, que entre outros cometidos terá a responsabilidade da xestión administrativa diaria da Oficina municipal de Turismo e o control de entrada e saída das persoas que acoden a mesma. Para ler as bases ó completo cos requisitos e condicións esixidas, prema a continuación. files/20210304_Outros_Bases_Bases_tecnico_turismo.pdfdf

O CONCELLO CREARÁ UNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS

Martes, 12 Xaneiro 2021 23:39

O concello de Parada de Sil ben de publicar as bases que rexerán o procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de persoal de limpeza en instalación municipais en réxime de dereito laboral temporal. O cometido a desenvolver levarase a cabo no caso de vacante por renuncia vacacións, licenzas, enfermidade, baixa médica ou outras causas que afecten ó persoal de limpeza actualmente contratado, así como de reforzo do servizo no caso de ser preciso. Para ler o documento completo premer a continuación. files/20210111_Outros_Bases_bases_persoal_limpeza_Parada_de_Sil_concurso_oposicion.pdf

O CONCELLO CREARÁ UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

Martes, 22 Decembro 2020 16:37
O concello de Parada de Sil creará unha bolsa para auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral temporal, co obxecto de cubrir os casos de vacante por renuncia, vacacións, licenzas, enfermidade, baixa médica e outras causas do persoal que actualmente está contratado, así como de reforzo de dito servizo, no caso de ser necesario. Asimesmo, poderán ser convocadas para o reforzo do servizo como consecuencia dun posible incremento nas horas de traballo derivadas da COVID-19. Para consultar as bases na sua integridade, prema a continuación. files/20201222_Outros_Bases_persoal_de_auxiliar_SAF.pdf

SUBVENCIÓNS PARA ESTANCIAS TEMPORAIS NA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE PARADA

Xoves, 26 Novembro 2020 10:29
O concello de Parada de Sil ven de publicar as bases da ordenanza para a regulación de axudas económicas para a estancia de carácter temporal e non permanente na residencia da terceira idade de Parada, entendendo por tal a estancia na residencia polo periodo do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2020. Os interesados poden ler o documento íntegro premendo a continuación. files/20201124_20201124_Bases_Persoas_Residencia_2020.pdf

 

BOLSA DE TRABALLO DE PERSOAS AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Luns, 23 Novembro 2020 17:27

O concello de Parada de Sil ven de publicar as bases para a creacion dunha bolsa de traballo de persoas auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral temporal. As funcións levaranse a cabo no caso de vacante por renuncia, vacacións, licenzas, enfermidade, baixa médica, acumulacións de tarefas e outras causas do persoal que actualmente está contratado, así como de reforzo de dito servizo, no caso de ser necesario. Para ler o documento completo e obter o formulario de inscrición, prema a continuación. files/20201123_Outros_Bases_BASES_AUXILIARES_SAF_PARADA_DE_SIL.pdf

O CONCELLO DE PARADA DE SIL CONCEDERÁ AXUDAS A SECTORES ECONÓMICOS AFECTADOS POLO COVID-19

Xoves, 19 Novembro 2020 12:44

O concello de Parada de Sil acaba de establecer a concesión de axudas directas a sectores económicos locais afectados polos efectos da situación excepcional provocada pola crise sanitaria do COVID-19, dentro do Plan Reactiva. A finalidade destas axudas é a de protexer e apoiar ao tecido produtivo e social do concello constituído por pequenas empresas formadas por autónomos para lograr o exercicio pleno das suas actividades. Para ler integramente as bases prema a continuación. files/20201119_Bases_galego_firmada.pdf

 
 

PARADA ACOLLERÁ UNHA XORNADA ADICADA Á ADQUISICIÓN DE NOCIÓNS BÁSICAS PARA APROVEITAMENTO DOS SOUTOS

Mércores, 04 Novembro 2020 17:36

O concello de Parada acollerá unha xornada adicada á adquisición de nocións básicas para aproveitamento e xestión dos soutos, destinada á persoas vencelladas profesionalmento cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria ou cadea forestal -madeira-, ou con expectatiav de incorporación, especialmente mozos e mozas do medio rural galego.

O curso terá lugar o próximo 12 de novembro e terá unha duración de catro horas (entre as 11,00 e as 15,00 horas). As solicitudes deberán ser entregadas, preferentemente, na unidade impartidora, que neste caso será Agacal. Para ler a información completa e obter o impreso de solicitude, prema a continuación. files/CARTAZ_PARADA_DE_SIL.pdf

O CONCELLO DEU A SUA APROBACIÓN INICIAL O PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO PARA O BIENIO 2020-21

Venres, 16 Outubro 2020 09:33

O concello de Parada de Sil aprobou inicialmente na sesión ordinaria do pleno do concello celebrado o día 1 de outubro de 2020 o Plan económico financeiro para os exercicios 2020-21. O expediente permanecerá exposto ao público durante o plrazo de quince días hábiles dende a sua publicación no Boletín Oficial da Provincia. Para ler o anuncio completo, premer a continuación. files/BOP_14102020.pdf

A PROXECCIÓN DA PELÍCULA "MARÍA SOLINHA" OBRIGARÁ A CORTAR O TRÁFICO CARA OS TORGÁS DENDE AS 21,00 ATA AS 00,00 HORAS

Luns, 24 Agosto 2020 22:01

A proxección da película "María Solinha" obligará a cortar o tráfico na estrada que leva a Os Torgás entre as 21,00 ata as 00,00 horas do día 25 de agosto, segundo un edicto da Alcaldía, asinado polo seu titular Aquilino Díaz Domínguez. Para ler o texto completo do documento, prema a continuación.files/20200810_Publicacin_Bando_Bando_corte_de_trafico-1.pdf

O ACCESO ÓS TORGÁS QUEDARÁ CORTADO ENTRE AS 22,00 E AS 00,00 HORAS DO DÍA 11 POLA PROXECCIÓN DA PELÍCULA "MARÍA SOLIÑA"

Martes, 11 Agosto 2020 13:56

Con motivo da proxección da película "María Soliña", dentro do programa do "Verán Cultural" de Parada de Sil, quedará cortado ó tráfico o acceso á zona de Os Torgás entre as 22,00 e as 00,00 horas do devandito día, segundo un bando editado pola alcaldía e firmado polo seu titular, Aquilino Domínguez. Para ler o bando completo, prema a continuación. files/20200810_Publicacin_Bando_Bando_corte_de_trafico-1.pdf

A RECOLLIDA DE ENSERES QUEDA REDUCIDA A CASOS DE URXENCIA DEBIDO ÁS MEDIDAS POLO COVID-19

Sábado, 08 Agosto 2020 08:45

O servizo municipal de recollida de enseres queda suspendido debido ás medidas aplicadas con motivo do COVID-19, segundo anuncia o alcalde, Aquilino Domínguez,  nun bando. Tan so se mantén un servicio para casos urxentes que serán atendidos a través dun teléfono que se anuncia no propio bando e que se fará cargo de mobéis, colchón, somieres, cociñas, táboas, cerramento de eidos, gaiolas, televisores, ordenadores ou microondas.

En cambio, non serán aplicables a esta nova situación e, por tanto, non serán recollidos pola empresa encargada do servizo, os materiais de construcción, plásticos industriais, inodoros, lavabos, portas, ventás, persianas, aceites, pinturas, pezas de coches -tampouco rodas- ou aperos de labranza. Anuncia o bando que quenes depositen algúns destes materiais serán sancionados de acordo coa normativa vixente.files/20200806_Publicacin_Bando_Bando_recollida_de_enseres.pdf

O CONCELLO LEMBRA A OBRIGA DOS PRPIETARIOS DE LIMPAR AS PARCELAS PRÓXIMAS Á NÚCLEOS OU VIVENDAS

Xoves, 30 Xullo 2020 22:59

O concello de Parada de Sil, a través dun bando editado polo alcalde, Aquilino Domínguez, lembra a obligatoriedade dos propietarios de parcelas ou fincas ubicados nos núcleos urbanos, así como as que se atopen a carón de vivendas, naves ou outra edificación de calquera tipo, de manter limpa a sua propiede, así como a prohibición de deixar medrar espacies favorecedoras dos incendios forestais. O rexedor chama á responsabilidade e colaboración dos veciños, avisando tamén de que o custe dos daños que se produzan por causa do lume deberán ser asumidos polos propietarios das parcelas ou fincas sen limpar. Para ler o documento na sua integridade, premer a continuación.files/20200730_Banperimetrais.pdf

O ALCALDE EMITE UN BANDO LEMBRANDO A PROHIBICIÓN DO USO DE AUGA DO ABASTECEMENTO DOMICILIARIO PARA FINS NON DOMÉSTICOS

Xoves, 23 Xullo 2020 17:40

O concello de Parada de Sil acaba de editar un bando do alcalde, Aquilino Domínguez Díaz, reclamando o uso racional da auga do abastecemento domiciliario, así como a prohibición da sua utilización para fins non domésticos. A decisión municipal xustifícase pola disminución das reservas de auga pola falta de chuvia, así como polo importante incremento de poboación de feito no concello durante os meses de verán. Neste senso, o alcalde apela á responsabilidade e criterio racional da veciñanza.

files/20200723_Publicacin_Bando_Bando_consumo_da_auga.pdf

O CONCELLO CONTRATARÁ CATRO PEÓNS FORESTAIS DURANTE CATRO MESES PARA A LIMPEZA DE RUTAS BTT

Xoves, 02 Xullo 2020 22:56

O concello de Parada anuncia a contratación de catro peóns forestais durante un periodo de catro meses para a limpeza das rutas BTT do concello. Para máis información, premer a continuación. files/20200702_Publicacin_OFERTA_DE_EMPREGO_PENS_FORESTAIS_PARA_A_LIMPEZA_DE_RUTAS_BTT.pdf

AYUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA RIBEIRA SACRA

Xoves, 02 Xullo 2020 22:45

O Diario Oficial de Galicia do pasado 22 de xuño publica unha resolución do Instituto da Vivenda e Solo no que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, no que se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra. Para máis información, premer a continuación. files/AnuncioC3Q2-230620-0001_gl-1.pdf

O CONCELLO ANUNCIA UN SERVICIO DE PODOLOXÍA A PREZOS POPULARES

Xoves, 02 Xullo 2020 22:34

O concello de Parada de Sil, a través dun bando do alcalde, Aquilino Dominguez Díaz, anuncia a posta en marcha dun servizo de podoloxía, que terá lugar a mediados de xullo, a prezos populares. Para máis información, premer a continuación. files/2020/20200630_Publicacin_Bando_bando_podoloxa_2020.pdf

O CONCELLO ANUNCIA A CONTRATACIÓN DE PEÓNS FORESTAIS ATA O MES DE MARZO DE 2021

Luns, 15 Xuño 2020 19:25

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domingo, acaba de editar un bando anunciando o proceso de contratación de catro peóns forestais para os próximos nove meses, a contar dende o presente mes de xuño, a bravés de oferta de emprego público.

files/20200615_Publicacin_Bando_OFERTA_EMPREGO_PEON_FORESTAL_APROL.pdf

BANDO DA ALCALDÍA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE LOITA CONTRA OS INCENDIOS FOFESTAIS

Luns, 15 Xuño 2020 19:09

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ven de firmar un bando para proceder á contratación de persoal destinado á prevención e loita contra os lumes forestais.

files/20200615_Publicacin_Bando_OFERTA_EMPREGO_BRIGADA_DE_PREVENCION_E_DEFENSA_CONTRA_OS_INCENDIOS.pdf

Resolucións expedientes de contratación de persoal

Mércores, 10 Xuño 2020 20:03
Publicadas, na sección EMPREGO PÚBLICO desta web, as resolucións dos expedientes de contratación de persoal que se atopaban abertos.

 

 

Bando con motivo da situación actual provocada polo COVID-19

Venres, 13 Marzo 2020 21:56

Bando sobre as medidas acordadas por esta  Corporación Local  en materia de saúde pública, en relación coas actividades e servizos públicos locais, con motivo da situación actual provocada polo COVID-19.

Viaxe a Pazolandia

Xoves, 12 Decembro 2019 13:08

Comunícase a tódolos país/nais  dos nenos e nenas do Concello, que con motivo do evento Pazolandia 2019/2020 pódense anotar nas Oficinas Municipais (988208010) para a viaxe que se levará a cabo o vindeiro día 4 de xaneiro de 2020 (sábado)

Ler bando

AQUILINO DOMÍNGUEZ DÍAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADA DE SIL (OURENSE)

Xoves, 24 Outubro 2019 17:13

FAGO SABER:

A tódolos veciñ

os e veciñas do Concello que teñan interese, informamos que en breve comezará a funcionar o servizo de PODOLOXÍA (número mínimo 8 persoas) no concello. Este servizo levarase a cabo a principios do mes de novembro.

As persoas interesadas deberán pagar 12 euros en cada sesión (máximo dúas veces ao ano). Para anotarse deberán chamar ó 988 208 010 ou acudir ao concello antes do día 4 de novembro de 2019.

 

O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA PERMANECERÁ PECHADO O 19 DE OUTUBRO POLO CONCERTO DE ENSEMBLE HOTTETERRE

Luns, 14 Outubro 2019 17:25

Durante a xornada do 19 de outubro, o mosteiro de Santa Cristina permanecerá pechado debido á celebración do concerto "Ensemble Hotteterre no Camiño: A gaita de fol no barroco".

A ESTRADA DO CAMPO DE FÚTBOL ESTARÁ CORTADA OS DÍAS 3 E 7 DE OUTUBRO

Mércores, 02 Outubro 2019 07:50

A estrada do campo de fútbol permanecerá pechada os próximos días 3 e 7 de outubro debido a obras que se levarán a cabo na mesma. O concello prega desculpas polas molestias que ditos traballos poidan ocasionar ós usuarios.

A ESTRADA DO CAMPO DE FÚTBOL ESTARÁ CORTADA OS DÍAS 3 E 7 DE OUTUBRO

Mércores, 02 Outubro 2019 07:50

A estrada do campo de fútbol permanecerá pechada os próximos días 3 e 7 de outubro debido a obras que se levarán a cabo na mesma. O concello prega desculpas polas molestias que ditos traballos poidan ocasionar ós usuarios.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE CASTAÑA

Mércores, 24 Outubro 2018 17:03

 

16 de xuño - XL Xuntanza de maiores no Carballiño

Sábado, 09 Xuño 2018 09:55

Recollida especial de lixo

Mércores, 23 Maio 2018 08:28

Limpeza de fincas para a prevención de incendios forestais

Domingo, 20 Maio 2018 17:31

De conformidade coa lexislación vixente recordámoslle a tódolos/as propietarios de fincas nun perímetro de 50 metros arredor das casas, que deberán proceder a súa limpeza antes do 31 de maio, para evitar posibles incendios.

En caso de incumprimento, o organismo competente - Concello ou Consellería de Medio Rural -ordenará os traballos de limpeza repercutindo os seus custos nos propietarios e iniciará o procedemento sancionador.

En caso de incumprimento, o organismo competente, -Concello ou Consellería de Medio Rural-, ordenará os traballos de limpeza, repercutindo os seus custos nos propietarios/as e iniciará  o procedemento sancionador. 

Esperamos a colaboración de tódolos/as veciños/as para evitar situacións desagradables.

O que se traslada para xeral coñecemento.

 

Oficinas municipais pechadas o día 22 de maio

Domingo, 20 Maio 2018 17:25

Con motivo da celebración da festividade de Santa Rita, as Oficinas Municipais, permanecerán pechadas o día 22 de maio de 2018.

Novo servizo de PODOLOXÍA

Domingo, 20 Maio 2018 17:21

Xornada informativa: Axudas á rehabilitación de vivendas

Mércores, 02 Maio 2018 10:42
Vostede está aquí: Home Máis edictos