.
Martes, 04 Xullo 2017 11:01

CONCERTO DE VIOLÍN NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA EN PARADA DE SIL

Dentro das actividades que xiran en torno ó curso Contos Pintados con Música dentro do proxecto  educativo Ars Combinatoria, celebrarase un concerto de violín no mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil o martes 4 de xullo ás sete da tarde.
 
Un novo concepto de ensinanza musical, un encontro coa música, no que o violín propón nivéis de concentración, esixencia e confianza importantes e os obxectivos son difuminados mediante o xogo. Neste curso  no que os nenos terán a oportunidade de tocar o violín e afianzar os seus coñecementos musicais tanto a nivel particular como en grupo realizaranse outras actividades lúdicas.
Pois ben, os integrantes deste curso serán tamén protagonistas de varios concertos, sendo o primeiro o de Santa Cristina. 
O concello de Parada de Sil e a súa alcaldesa, Yolanda Jácome, amosan o agradecemento os promotores do curso e concerto neste caso e convida ó público a asistir a ese evento nun dos mellores lugares para desfrutar dunha excelente acústica e unha paisaxe  enmarcada po los castiñeiros centenarios en flor.
 
 
 
 
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas CONCERTO DE VIOLÍN NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA EN PARADA DE SIL