.
Sábado, 01 Xullo 2017 11:20

A REVISTA SONGLINES, A MAIS PRESTIXIOSA DE WORLD MUSIC, FAISE ECO DO DISCO “SONS DA PEDRA”, GRAVADO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

A revista  Songlines, considerada como a de maior prestixio no xénero world music (música do mundo), faise eco do disco “Sons da Pedra”, no número especial que será distribuido este mes de xullo no Festival Glastonbury (Inglaterra), o máis importante del mundo por impacto.  
 
A gravación foi feita no mosteiro de Santa Cristina de Parada de Sil con traballos de artistas da talla do guitarrista sudafricano Derek Gripper ou o caboverdiano Tcheka, os dous con gran proxección internacional.
Tamén participaron no traballo os galegos Davide Salvado e Samuel Diz ou o grupo toledano Milo Ke Mandarini. Os temas incluidos no CD pertencen a concertos ofrecidos polos mencionados artistas no mosteiro de Santa Cristina dentro do ciclo Músicas del Mundo que alcanzará este ano a sua terceira edición.
Os mencionados concertos foron o xérmolo dun proxecto que foi crecendo progresivamente baixo a organización da productora local Ecos da Pedra, coa incorporación de Wapapura, baixo a dirección de Rafael Kotcherha, que gravou os concertos e retransmitiu en streaming en directo para todo o mundo a actuación de artistas moi recoñecidos que participaban no Woomex 2014. Foi o punto de inflexión que fixo posible que o disco presentado chegara a ser realidade, xunto coa decisivo respaldo do concello de Parada de Sil.
A alcaldesa de Parada, Yolanda Jácome, e o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, amosaron a sua satisfacción pois “a proxección internacional que está acadando o disco demostra que a aposta pola idea de Ecos da Pedra e Diego Soto estaba sustentada en raíces sólidas”. “Esto –apuntan- incrementa de modo importante a proxección de Parada dentro do eido cultural en sintonía co medio natural”.
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A REVISTA SONGLINES, A MAIS PRESTIXIOSA DE WORLD MUSIC, FAISE ECO DO DISCO “SONS DA PEDRA”, GRAVADO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA