.
Xoves, 24 Marzo 2022 13:52

PRESENTACIÓN DO LIBRO " A FÁBRICA DE CHOCOLATE EN TEIMENDE"

 

O Concelleiro de Cultura e Turismo , Paco Magide e o noso alcalde, Aquilino Domínguez seguen a por en valor o patrimonio material e inmaterial do noso concello pretendendo ademais consérvalo e melloralo.

Dí o noso alcalde que: "Conservar a memoria é construír un futuro acertado sobre bases sólidas."

Un paso importante nese longo camiñar é a presentación do libro de José L. Fernandez Carnicero o vindeiro sábado 26 de marzo ás 12:00 hrs. no local social da veciñanza en Teimende, moi preto da Casa- Museo do Chocolate de Galicia.

O libro titúlase: "“A FÁBRICA DE CHOCOLATE DE TEIMENDE”. 

A edición do libro conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Este libro recolle a través de  moitos documentos información todo o proceso de fabricalo chocolate, as dificultades  de conseguir materias primas de calidade, sobre todo na postguerra. Reséñanse moitas anécdotas, como os escritos de o médico da época, dicindo que había moitas mulleres embarazadas para que así lle permitisen unha maior cantidade de cacao. A salientar tamén o marketing, a publicidade ,o  deseño dos anuncios e dos vales de promoción que eran produto do maxín do chocolateiro Ricardo Casares.

Tamén se  recolle no libro unha entrevista ás dúas fillas do chocolateiro, que de nenas traballaron na fábrica e que chegaba a producir 200 tabletas diarias. E que como é lóxico aportan moito coñecemento sobre a produción de chocolate artesanal no medio rural.

Contamos coa túa presenza! Estás convidado/a!

Día: Sábado 26 marzo 2022 ·  Hora: 12:00 hrs. · Lugar: Local Social de Teimende

+INFO en 689 683 713 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PRESENTACIÓN DO LIBRO " A FÁBRICA DE CHOCOLATE EN TEIMENDE"