.
Sábado, 09 Xullo 2022 10:56

ROMARÍA DE SAN BIEITO 2022 NO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA

O vindeiro Domingo, 10 de xullo de 2022 no Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil  celebraremos a nosa romaría máis querida.

Eucaristía e procesión na honra de San Bieito, Patrón de Europa, ás 12:00 hrs.

Amenizarán a Romaría na procesión e despois da misa o grupo de gaiteiros “Os Trabazos”

NOTA IMPORTANTE:

  • Os veciños de Parada de Sil que o desexen poden baixar co seu coche particular ata o mosteiro. Protección Civil estará na barreira de acceso ao mosteiro para deixalos pasar.
  • Os visitantes teñen prohibido a visita ao Mosteiro ata as 16:00 hrs. Non poderán baixar ata o mosteiro pola mañán. Soamente baixarán os residentes de Parada de Sil que vaian a romaría no seu vehículo particular ou no Bus-lanzadeira. A igrexa soamente se abrirá para a misa e procesión. Non estará aberta aos visitantes. 
  • O Bus-lanzadeira será gratuito para todos aqueles residentes de Parada de Sil que baixen á romaría. Non é necesario reservar con antelación. Ate completar as prazas.
  • Saídas do Bus-lanzadeira ás 10:45hrs. e ás 11:30 hrs. con posterior retorno a Parada de Sil.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas ROMARÍA DE SAN BIEITO 2022 NO MOSTEIRO DE STA. CRISTINA