.
Mércores, 14 Marzo 2018 10:54

O CONCELLO ADICARÁ UNHA XORNADA O 7 DE ABRIL Á PODA E MANEXO DA VIDE

O concello de Parada, xunto co Centro Agrogandeiro do Inorde, organizan para o próximo 7 de abril, sábado, un curso de poda e manexo da vide, que terá lugar no salón de plenos do concello dende as 9,30 horas, cando comezará a parte teórica, que se dividirá en apartados adicados á vide, condicionantes da plantación, mantemento da viña e, finalmente, a poda da vide. Ás 11,30 haberá un pequeño descanso e despois abordarase cómo levar a cabo unha poda despois da xeada. Este apartado desenvolverase de xeito práctico se o tempo o permitise.

As inscricións poderán formalizarse no concello de Parada do Sil ou no Centro Agrogandeiro (988 317 946).

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO ADICARÁ UNHA XORNADA O 7 DE ABRIL Á PODA E MANEXO DA VIDE