.
Luns, 19 Marzo 2018 00:00

O CONCELLO CONTRATARÁ UN PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS DURANTE OITO MESES

O concello de Parada de Sil procederá á contratación dun peón de obras públicas durante oito meses. A selección farase mediante oferta de emprego público. Para participar nan mesma, os aspirantes han de estar inscritos como demandantes de emprego na categoría de peón de obras públicas antes do 20 de marzo.

Valorarase a experiencia, meses traballados no concello nesa categoría, así como o coñecemento do concello e empadronamento. Os seleccionados recibirán carta da oficina de emprego indicando data para presentar a documentación que acredite os requisitos.   

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO CONTRATARÁ UN PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS DURANTE OITO MESES