.
Luns, 26 Marzo 2018 16:25

PROMOCIÓN DO MUSEO DO CHOCOLATE NO COLEXIO SALESIANOS DE OURENSE

A pasada semana tiveron lugar duas xornadas de promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende no colexio Salesianos de Ourense, que correron a cargo de Rosa Casares, unha das herdeiras do último chocolateiro, Ricardo Casares, que foi propietario da industria que levaba o seu apelido e que comercializou o milenario alimento durante toda a sua vida laboral, continuando así a tradición legada dos seus antepasados.

No transcurso das sesión didácticas, Rosa Casares ensinoulles aos alumnos de terceiro curso de primaria o proceso de fabricación do chocolate, así como os ingredientes para a sua elaboración, lugar de procedencia da maquinaria e dos moldes utilizados para darlle forma, tamén dos países de procedencia do cacao e, en xeral, todo o relativo os pasos a seguir para conseguir pór no mercado a mercancía. Por último, explicoulles cómo se pasou da etapa da fábrica dos Chocolates Caldelas, que era a marca comercial coa que chegaba os establecementos,  ata a Casa do Chocolate de Teimende.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PROMOCIÓN DO MUSEO DO CHOCOLATE NO COLEXIO SALESIANOS DE OURENSE