.
Martes, 01 Maio 2018 17:02

ALUMNOS DE 4º DA ESO DO COLEXIO PADRE FEIJÓO-ZORELLE DE OURENSE PARTICIPARON NUNHA CHARLA SOBRE O MUSEO DO CHOCOLATE

Os alumnos de cuarto curso da ESO do colexio Padre Feijóo-Zorelle de Ourense asistiron a unha charla sobre a Casa Museo do Chocolate de Teimende celebrada no propio centro educativo e impartida por Rosa Casares. Durante o encontro, os estudantes foron coñecendo os pormenores da elaboración do chocolate, así como a sua orixe  histórica e a evolución ó longo dos tempos.

Paralelamente, a conferenciante ofreceu información exhaustiva da Casa Museo, que incluíu documentación gráfica sobre o edificio e a maquinaria que alí se garda, creada a partires da antigua fábrica da familia Casares, na que exercía de mestre chocolateiro o seu pai, Ricardo Casares.

Os alumnos seguiron con notable interés as explicacións, que foron acompañadas dunha degustación do chocolate do propio Museo, que se elabora baixo a receta tradicional.

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas ALUMNOS DE 4º DA ESO DO COLEXIO PADRE FEIJÓO-ZORELLE DE OURENSE PARTICIPARON NUNHA CHARLA SOBRE O MUSEO DO CHOCOLATE