O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D. Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos de acordó coas seguintes
BASES:
1. Os autores han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe,ademais dunha trama paradóxica e sorprendente.
2. Os microrrelatos son de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e serán orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar con un microrrelato.
3. A extensión do texto non excederá as 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, e tipo de letra TimesNew Roman de 12 puntos.
4. O prazo de entrega finaliza o 3 de marzo de 2019.Para os enviados por correo postal contarase como fecha de entrega a fecha da presentación na oficina de envío.
5. A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
I. correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. poñendo en asunto o título completo da obra. En dito correo adxuntaranse dous arquivos en formato Word:
-O primeiro conterá obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo
-O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a consurso é orixinal e inédito.
Todas as plicas se gardarán nunha carpeta protexida e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.
Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata a data de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ó concurso. Para calquer dúbida enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
II. Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo: “Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”, Praza Campo da Feira nº 1 32740 Parada de Sil Ourense. Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, enderezo postal, email e teléfono así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a consurso é orixinal e inédito.
6. O concello como organizador designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista D. Antonio Carreño.
7. O fallo do xurado farase público o 30 de abril do 2019 e será inapelable.
8. Dotación e fallo do premio:
1º Premio: 1.000 €
2° Premio: 500 €
3º Premio: 300 €
9. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas,que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 11 de maio de 2019.
10.- A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.
11.-Todas as persoas participantes autorizan ó Concello de Parada de Sil a utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo.
Parada de Sil, 7 de xaneiro de 2019
A Alcaldesa
Yolanda Jácome