.
Mércores, 04 Setembro 2019 19:25

O FESTIVAL “ESPAZOS SONOROS” OBRIGARÁ O PECHE DO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA Ó PÚBLICO O DOMINGO 8 DE SETEMBRO ATA AS 18 HORAS

A presencia do ciclo musical “Espazos sonoros”, que chega ó mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil despois de circular por outros lugares emblemáticos do patrimonio histórico galego e promovido pola Consellería de Cultura, obligará a pechar ó público o mosteiro de Santa Cristina o domingo día 8 de setembro ata as 18 horas.

Ese día, ás 12 da mañá dará comezo un obradoiro de achegamento á música antiga, de carácter participativo que este ano estará adicado á voz como instrumento. Neste contexto, está prevista unha actuación musical, na que músicos profesionais traballarán co público asistente -previamente inscrito- a preparación dun par de pezas para ser interpretadas conxuntamente co acompañamento instrumental.

O obradoiro está concebido para a participación de 70 persoas, feito que fai precisa a inscrición previa. O elenco de músicos está integrado por María Giménez (voz, fídula medieval e percusión), o tenor ourensán Eliseu Mera (voz), Felipe Rodríguez (frautas, chirimía), Uxía Delgado (corda pulsada), Pablo Ruibal (viola da gamba), todos eles moderados por Andrés Díaz.

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O FESTIVAL “ESPAZOS SONOROS” OBRIGARÁ O PECHE DO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA Ó PÚBLICO O DOMINGO 8 DE SETEMBRO ATA AS 18 HORAS