.
Domingo, 13 Outubro 2019 18:10

PARADA ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A VIII FEITA DA PISA E A FEIRA DE PRODUTOS LOCAIS

O Concello de Parada de Sil ultima os preparativos para a oitava edición da Festa da Pisa, así como da Feira de Produtos locais, que terán lugar o próximo sábado 16 de novembro en Purdeus e que rematará, como xa é tradición, co xantar popular da castaña. O programa dará comezo ás 11,30 horas da mañá, coa reacreación da pisa da castaña, na que se amosa o proceso tradicional da preparación das castañas secas, na que poderán participar as persoas visitantes que así o desexen. Paralelamente, entre as 11,00 e as 16,00 horas desenvolverase a feira de produtos locais, con casetas nas que se exporán para a sua venda viños, cervexa, marmeladas, queixo, pan ou bicas, entre outros produtos autóctonos da zona.

Ás 14,00 horas dará comezo o Xantar Popular da Castaña, cun menú a base de empanada, polbo, carne ó caldeiro, sobremesa típica de castañas, viño e café, a razón de 12 euros por persoa. Para a comodidade dos comensais, o xantar terá lugar baixo unha carpa con calefacción.

Para máis información e reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 988 208 010 – 689 683 713 de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 19,00 horas. Para poder participar no xantar popular será obligatoria a reserva previa, con data límite xoves 14 de novembro.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A VIII FEITA DA PISA E A FEIRA DE PRODUTOS LOCAIS