.
Venres, 01 Novembro 2019 19:21

A RAPAZADA DO COLEXIO DO DIVINO MESTRE DE OURENSE DESFRUTOU COA HISTORIA DO MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE

Os alumnos e alumnas do colexio do Divino Mestre, de Ourense, disfrutaron coa historia da fábrica do chocolate da familia Casares que deu lugar logo ó actual Muso do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil. Rosa Casares, unha das fillas do último chocolateiro, Ricardo Casares, explicoulle  a todo o alumnado do centro educativo en duas xornadas o proceso de fabricación do chocolate, así como a procedencia das materias primas que se utilizan para a sua elaboración.

Todos amosaron vivo interés e curiosidade por unha iniciativa tan curiosa para eles, que sendo un produto tan familiar a maioría da xente descoñece cómo chega as mans dos consumidores. Finalmente, poideron degustar o chocolate do Museo de Teimende. Deuse a circunstancia de que ós poucos días desa experiencia, chegou unha familia ó museo acompañada dun neno que é alumno do colexio Divino Mestre. El mesmo explicoulles ós pais como se facía o chocolate e as distintas máquinas que se utilizan para elo, demostrando que había estado atento ás explicación no colexio. Os proxenitores, pola sua parte, indicaron que chegaron ata o Museo do Chocolate inducidos polo interese do rapaz en coñecelo “in situ”.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A RAPAZADA DO COLEXIO DO DIVINO MESTRE DE OURENSE DESFRUTOU COA HISTORIA DO MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE