.
Mércores, 13 Novembro 2019 16:26

A INSTALACIÓN DUNHA CALDEIRA DE BIOMASA NA FÁBRICA DA LUZ CONSOLIDA A APOSTA DE PARADA POLAS ENERXÍAS LIMPAS

O concello de Parada de Sil prosigue na sua aposta polas enerxías limpas coa instalación dunha caldeira de biomasa para dotar de calefacción e auga quente o complexo da Fábrica da Luz en Barxacova. A iniciativa conta coa cofinanciación do Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de enerxías renovables térmicas, así como da Unión Europea a través do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, destinado a conseguir unha economía máis limpa e sostible: “unha maneir ade facer Europa”, segundo reza no seu eslogan.

O proxecto, aprobado polo concello o 26 de setembro pasado, consiste na instalación dunha caldeira de pellets, cun orzamento total de 28.575,36 euros, dos cuales a Administración autonómica achega a través do Feder 22.860 euros, que é o 80% do total, en tanto que o 20% restante apórtao o propio concello de Parada, cun investimento de 5.715 euros.

Os traballos para a instalación da caldeira de biomasa para esta infraestructura municipal están xa rematados, segundo o alcalde, Aquilino Domínguez, quen ademáis de agradecer o respaldo da Administración Autonómica, que “demostra que a colaboración institucional procura mellores servizos para os cidadáns”.

Domínguez apunta tamén que “se trata dunha consolidación da aposta clara do concello polas enerxías limpas, que ven a resolver unha eiva que tiñamos na Fábrica da Luz, que é un complexo recreativo-recreativo cultural que conta cunha importante actividade ó longo do ano”. “Porén, ata o de agora, debido á sua ubicación é a difícil orografía do lugar, apartado dos núcleos habitados, tiña algúns condicionantes, como a falla de suministro eléctrico”, afirma o rexedor, quen avanza que “seguiremos traballando para incrementar a dotación material nese lugar, e neste senso a nova caldeira de biomasa é un bon expoñente”.

(Imaxe da caldeira de biomasa instalada na Fábrica da Luz).

 
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A INSTALACIÓN DUNHA CALDEIRA DE BIOMASA NA FÁBRICA DA LUZ CONSOLIDA A APOSTA DE PARADA POLAS ENERXÍAS LIMPAS