.
Mércores, 13 Maio 2020 22:37

O CONCELLO DE PARADA MANTÉN A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA MODIFICANDO AS DATAS DO FALLO DO XURADO E A ENTREGA DE PREMIOS

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm. 67, do 14 de marzo), modificado polo Real decreto 465/2020 (BOE núm. 73, do 18 de marzo), establece no apartado primeiro da disposición adicional terceira que “se suspenden termos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público”.

Non obstante, o apartado cuarto da mesma disposición adicional terceira, na redacción dada polo Real decreto 465/2020, establece que “sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, desde a entrada en vigor do presente real decreto, as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos”.

No que a este caso afecta, pola Alcaldía acórdase a continuación das actuacións en materia do VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil.

Publicarase na páxina web do Concello a data de publicación do fallo do xurado e a data de entrega dos premios.

Parada de Sil a 11 de maio de 2020. O Alcalde, Aquilino Domínguez Díaz.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO DE PARADA MANTÉN A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA MODIFICANDO AS DATAS DO FALLO DO XURADO E A ENTREGA DE PREMIOS