.
Venres, 18 Setembro 2020 15:56

OS CONCERTOS DE “NEØNYMUS” E “TANXUGUEIRAS” EN SANTA CRISTINA OBLIGARÁN Ó PECHE PARCIAL DO MOSTEIRO OS DÍAS 19 E 26 DE SETEMBRO

Os concertos de “NeØnymus” e o grupo “Tanxugueiras”, previstos para os días 19 e 26 de setembro, respectivamente, no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, provocarán o peche parcial do recinto nas devanditas xornadas, que irá dende as 16,00 ata as 22 horas en ámbolos casos. Con tal motivo as visitas ó mosteiro durante as mañás dos sábados 19 e 26 quedarán limitadas ó claustro e arredores, en tanto que a igrexa pechará pechada. Nas duas non se cobrará entrada polo acceso á parte visitable do recinto. A partires das 16,00 horas dos días 19 e 26, o tráfico rodado quedará cortado á altura da aldea de Castro. A circulación recobrará a normalidade a partires das 22,00 horas.

Polo que se refire ós concertos, o día 19 terá lugar o de “NeØnymus”, iniciativa e proxecto creado e alimentado por Silberius de Ura, nome artístico detrás do que en realidade se parapeta Jesús Silverio Cavia Camarero, nado en Bilbao e criado a cabalo entre a cidade vasca e o pobo burgalés de Ura, de onde procedía a sua familia. Na sua xuventude cursou estudos de solfeo e órgano, aínda que logo abandonou a formación académica para experimenta re aprender de modo autodidacta.

A través da sua actividade musical, Silberius conxuga en NeØnymus a música, o cerebro, a espiritualidade, a historia e a tecnoloxía. En 2010 deixou a empresa de deseño web da sua propiedade, para adicarse por enteiro á posta en marcha da experiencia á que agora adica toda a sua a enerxía, coa música como fío condutor.

Tanxugueiras, pola sua banda, que actuará o 26 de setembro no mosteiro, é un grupo de voz e pandeiretas integrado por Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, que adoitan introducir acompañamento de percusionistas alleos á formación, aínda que de recoñecida traxectoria musical como é o caso de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego). Con dous discos publicados (Tanxugueiras e Contrapunto, destacan pola sua capacidade de conexión co público nos diretos, coa que se fixeron un oco significativo no mundo musical galego, a pesares pouco tempo de funcionamento do grupo.

 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas OS CONCERTOS DE “NEØNYMUS” E “TANXUGUEIRAS” EN SANTA CRISTINA OBLIGARÁN Ó PECHE PARCIAL DO MOSTEIRO OS DÍAS 19 E 26 DE SETEMBRO