.
Xoves, 08 Xuño 2017 14:45

O ARQUITECTO OURENSAN PABLO LÓPEZ PROL GAÑA O CONCURSO DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN PARADA DE SIL

Despois  dun longo proceso de análise e debate entre o xurado coordenado polo presidente do Colexio de Arquitectos en Ourense, Alberto de Paula, e coa participación  de Mónica Álvarez do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Jesús Irisarri de Vigo, tivo lugar o fallo sobre o concurso de ideas para a rehabilitación dunha mazá de casas no pobo de Fondo de Vila en Parada de Sil.
Neste concurso de ideas  participaron  oitenta e dúas propostas procedentes  de diversos puntos de España como Barcelona, de onde chegaron tres, Madrid con sete, Valladolid, Oviedo, Málaga, Toledo, Salamanca ou Coimbra en Portugal. De Galicia cabe salientar, segundo sinala a alcaldesa, Yolanda Jácome, tamén membro do xurado, a presencia de 13 propostas de Coruña, oito de Santiago, sete de Vigo  e 12 de Ourense.
 
A proposta gañadora presentada polo arquitecto ourensán Pablo López baixo o lema de “Ven Vindo” combina unha boa calidade arquitectónica coa resposta acertada ás cuestións esenciais, xa que mantén os valores do suxerente contexto arquitectónico e urbano de partida, dándolle a este unha nova vida e presencia. Tamén  pon en valor o rico espacio público que o sitio mantén aínda e confírelle potencial para que o lugar volte a ser un espazo de relación.
 
Pablo López será tamén o encargado da redacción do proxecto  presupostado en 30.000 euros dos que percibirá 6.000 a conta como honorarios na sinatura do contrato.
 
O xurado tamén acordou conceder segundo as bases, dous accésits de 1.000 euros cada un sen orde de prelación que corresponderon ós proxectos “Na Aira” de María Alonso Mosquera e Manuel Pallás, de Pontedeume, e a “cinco Patios” presentada por un equipo de arquitectos de Vigo encabezados por María González Ferro.
 
A alcaldesa aproveitou a ocasión para “agradecer publicamente ó aparellador municipal, Juan Manuel Mera a súa adicación permanente a resolución deste concurso que rematou satisfactoriamente e marca un punto de inflexión importante na recuperación de espazos no concello”.
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O ARQUITECTO OURENSAN PABLO LÓPEZ PROL GAÑA O CONCURSO DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN PARADA DE SIL