.
Mércores, 29 Marzo 2017 15:36

A FÁBRICA QUE DEU LUGAR Á CASA-MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO PARA NENOS

A fábrica do chocolate de Teimende, hoxe convertida en Casa-Museo polo concello de Parada de Sil, servíu de exemplo para fomentar o espíritu emprendedor entre os rapaces a través dos valores da responsabilidade, a toma de decisión, a coperación e o esforzo. Rosa Casares, filla dos últimos chocolateiros de Teimende, está participando como voluntaria no plan educativo da Fundación Educativa Junior Achievement para dar a coñecer a cultura do emprendemento entre os escolares e xóvenes estudantes e inducilos a que teñan en conta esta posibilidade como unha saída laboral mais á hora de orientar a sua vida profesional no futuro.
 
As duas primeiras xornadas tiveron lugar no Colexio Padre Feijóo de Ourense e no CEIP de Seixalbo; en ámbolos casos, Rosa Casares relatou a experiencia da sua familia á fronte da fábrica do chocolate e os seus valores, que son coincidentes cos da Fundación. Os rapaces amosaron grande curiosidade polo relatado pola ponente, así como polo proceso de fabricación do chocolate, que segundo lles explicou, tanto a historia da familia Casares como a da fábrica do chocolate e a elaboración do mesmo, están expostas na Casa-Museo de Teimende, no concello de Parada de Sil, e que pode ser visitado por quenes o desexen, acompañados dos seus familiares ou en excursións organizadas polo propio centro educativo.
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A FÁBRICA QUE DEU LUGAR Á CASA-MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO PARA NENOS