.
Máis novas e eventos

ASAMBLEA VECIÑAL ABERTA SOBRE A XESTIÓN DA CASTAÑA

Mércores, 14 Febreiro 2018 05:41

O próximo día 17 de febreiro terá lugar no salón de plenos do concello de Parada de Sil unha asamblea veciñal aberta  para tratar sobre as posibilidades que ofrece a castaña e que leva por título “¿Cómo xestionamos os nosos soutos e a nosa castaña? Constitución dunha asociación”. A convocatoria está fixada para as cinco e media da tarde e dende o concello animan ós veciños a participar na mesma, toda vez que se trata dun asunto de moito interés para os propietarios de soutos.

A castaña é un dos productos con máis futuro dentro do sector agroalimentario. De feito, hai países como Francia que teñen tecida unha verdadeira industria arredor deste produto, onde a produción é a parte menos interesante no negocio da castaña, sendo o seu tratamento e transformación para os mais diversos usos, os que xeneran o maior valor engadido.

Tamén resulta imprescindible a unión de produtores, posto que so desa maneira se pode obter unha posición de forza para negociar prezos e para tomar iniciativas que permitan a transformación por parte dos propios produtores locais, co que poderían quedarse co valor engadido que se levan os intermediarios ou incluso a industria transformadora.

 

PARADA ACOLLEU O GALEGO DE LONGA DISTANCIA DE ORIENTACIÓN

Sábado, 10 Febreiro 2018 21:26

O pasado sábado, día 3, centenares de participantes atopáronse en Parada de Sil para disputar o Campionato Galego de longa distancia de orientación.

 
Na proba destacaron novas promesas ourensás, logrando os primeiros postos do podio nas súa categorías.
 
 
Así quedou a clasificación:
 
 
Sub-12 feminino:
3º. Mailén Aller (Peña Trevinca Barco).......... 1:09:42
 
Sub-14 feminino:
3º. Esther Agudo (Peña Trevinca Barco )..... 1:01:13
 
Sub-16 feminino:
2º. Cristina Neta (Peña Trevinca Barco)....... 1:51:31
 
Sub-18 feminino:
2º. Alba Osorio (Peña Trevinca Barco).......... 1:04:00
 
Élite feminina:
2º. Irene Morales (Limiactiva)....................... 1:50:04
 
Sub-12 masculino:
1º. Juan Pablo Agudo (Peña Trevinca Barco).......... 28:23
 
Sub-14 masculino:
3º. Diego Fariña (Peña Trevinca Barco)............... 58:26

EXCEPCIONAL ACOLLIDA Á XORNADA DE PARADA EN “XANTAR”

Sábado, 03 Febreiro 2018 11:00

O concello de Parada conseguiu centrar a atención das actividades paralelas no certame gastronómico Xantar, que reúne a expertos de Galicia e norte de Portugal, pero tamén de outros lugares, como Panamá ou México, que tamén están presentes. A alcaldesa, Yolanda Jácome, amosouse satisfeita, por entender que “conseguimos os obxectivos plantexados, que eran os de espallar a mensaxe promocional de Parada a base de divulgar as suas virtudes, pero tamén as iniciativas que alí se levan a cabo”.

Jácome ademáis de suliñar a ubicación privilexiada de Parada de Sil, “en pleno corazón da Ribeira Sacra”, un concello “cheo de ilusión, que aproveita este marco inigualable para facerse ver”. Referiuse ó mosteiro de Santa Cristina como “reclamo principal na atracción de visitantes” engadindo que “alí agardamos poder levar a cabo proxectos importantes en colaboración coa Xunta, Deputación e Bispado, que van dende catas arqueolóxicas para recuperar a memoria, ata a posible monitorización do mesmo e unha visita virtual que, sen dúbida, incrementará os máis de 40.000 visitantes anuales”.

A alcaldesa tamén fixo fincapé ó disco gravado no mosteiro cos concertos levados a cabo no ciclo Sons da Pedra, iniciativas que deron lugar a un documental de extraordinaria beleza, denominado “Alma/Arte, legado e medio ambiente”, que “recrea a capacidade do mosteiro de Santa Cristina e o seu entorno como enclave ecocultural”. Trátase dunha iniciativa privada promovida polo selo Wapapura e Ecos da Pedra respaldada polo concello de Parada de Sil e o Programa Leader.

Yolanda Jácome deu conta dos resultados da xestión municipal, como a declaración por parte da Xunta en 2015, como concello de interese turístico, a sinalización das rutas de sendeirismo con acceso ás novas tecnoloxías como código QR e antenas NFC, a dotación de wifi libre nos puntos máis visitados do concello, ou a atención cada vez máis frecuente que Parada recibe dos medios de comunicación de ámbito estatal.

Pola sua banda, o stand de Parada promociona en Xantar os produtos típicos e xenuinos do concello, como os viños mencía e godello, o chocolate da Casa Museo do Chocolate de Teimende, a castaña e o licor café, este último, premio da Fundación Lusogalaica ó mellor licor café artesán de Galicia, así como o disco “Sons da Terra”.

REPRESENTANTES DUN PROXECTO EUROPEO AMOSARON A SUA ADMIRACIÓN POLO NIVEL DE RECUPERACIÓN E A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL EN PARADA DE SIL

Sábado, 03 Febreiro 2018 10:45

Os representantes do proxecto europeo PGI01996 CRinMA: Cultural resources in the mountain areas, do programa Interreg Europa, pertencentes a cinco países visitarán e do que é socio Inorde, amosaron a sua admiración pola beleza natural de Parada, así como pola conservación do seu patrimonio material e inmaterial, xunto co traballo do concello pola sua posta en valor.

PARADA VOLTA A “XANTAR” PARA PROMOVER A GASTRONOMÍA E O SEU PATRIMONIO

Martes, 30 Xaneiro 2018 23:30

O concello de Parada de Sil estará presente un ano máis na feira gastronómica de Xantar, que organiza Expourense, no convencemento de que “se trata do mellor escaparate posible para darse coñecer”, segundo apunta a alcaldesa, Yolanda Jácome, que se basa “na experiencia acumulada ó longo da última década, na que a presencia de Parada neste certame é xa unha cita clásica que nos permite expor as virtudes do concello, máis alá da propia gastronomía”.

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA CONCELLO DE PARADA DE SIL

Sábado, 27 Xaneiro 2018 11:24

O Concello de Parada de Sil, gracias a doazón do catedrático Don Eugenio Prieto Pérez, natural de este municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

BASES:

1.       Os autores  han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe, ademais dunha  trama paradóxica e sorprendente.

2.       Os microrrelatos son de tema e estilo libre e poderán estar escritos en galego ou castelán. Serán orixinais e inéditos. Cada autor so poderá participar cun microrrelato.

REPRESENTANTES DE 5 PAÍSES VISITAN PARADA PARA COÑECER A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO SEU PATRIMONIO

Sábado, 27 Xaneiro 2018 11:20

O Inorde e os seus socios do proxecto europeo PGI01996 CRinMA: Cultural resources in the mountain areas, do programa Interreg Europa, pertencentes a cinco países visitarán o Concello de Parada de Sil o próximo 1 de febreiro.

Esta visita incardínase dentro do proxecto CRinMA – Recursos culturais en área de montaña, que ten como obxectivo xeral mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña para convertilo nun activo que impulse o  desenvolvemento local e rexional, en consonancia coa Estratexia Europa 2020, que ten como eixos centrais a diversidade cultural e o respecto polos recursos naturais.

A CASA MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE PROMOCIÓNASE EN MONDARIZ

Sábado, 27 Xaneiro 2018 10:08

Ao redor de 350 alumnos do CPI de Mondariz, pertencentes a educación infantil, primaria e secundaria participaron nunha xornada adicada á promoción da Casa Museo do Chocolate de Teimende, impartida por Loli e Rosa Casares, heredeiras da antigua fábrica dos Chocolates Casares, donada hoxe ó concello de Parada para ser convertida en museo.

PARADA TOMA IMPULSO EN FAVOR DA ECONOMÍA SOCIAL

Mércores, 15 Novembro 2017 10:52

SESIÓN INFORMATIVA PARA OS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

Martes, 14 Novembro 2017 11:20
 
A Oficina Agraria comarcal de Castro Caldelas levará a cabo unha sesión informativa destinada a titulares de explotacións agrarias, na que se explicarán os trámites para concesión e autorizacións de pozos e de captación de augas, que correrá a cargo de persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Asimesmo, falarase das axudas para garantir a subministración de auga nas explotacións agrarias.

PARADA INICIA O DÍA 28 DE OUTUBRO A PROGRAMACIÓN DE OUTONO CO MAGOSTO POPULAR

Mércores, 25 Outubro 2017 17:54
* O día 18 de novembro terá lugar a Festa da Pisa, coa Feira de Produtos Locais e o xantar popular da Castaña
 
O concello de Parada inicia o día 28 de outubro a programación do outono coa celebración dun magosto popular na capitalidade municipal, con participación libre. As reservas pódense facer a través do correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

OS CONCERTOS E GRAVACIÓNS DE SONS DA PEDRA OBLIGARÁN A PECHAR O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DURANTE CATRO DÍAS

Mércores, 06 Setembro 2017 12:26

O mosteiro de Santa Cristina permanecerá pechado os próximos días 8, 9, 14 e 16 de setembro, con motivo dos concertos e gravacións correspondentes ó ciclo Sons da Pedra, que terán lugar nas datas apuntadas. O concello de Parada de Sil prega desculpas polas molestias que tal circunstancia poiderea ocasionar.

O DUO FADO IBERIA ABRE A TERCEIRA EDICIÓN DO CICLO SONS DA TERRA NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL

Mércores, 06 Setembro 2017 08:28
O guitarrista Manuel de Oliveira e a fadista Cristiana Águas son dous referentes no panorama musical portugués contemporáneo

ROBERTO GONZÁLEZ, DE BARBADÁS, E O ZARAGOZANO JULIO LÓPEZ, GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE PARADA DE SIL

Domingo, 13 Agosto 2017 09:25

Roberto González Fernández, de Parada de Piñor, no concello de Barbadás, foi declarado vencedor da décima edición do concurso fotográfico  Rosa Pons Fábrega “Visións de Parada de Sil”, dotado con 800 euros, coa fotografía “Outra Mirada”, feita no miradoiro de Triguás e na que aparece a capela e o seu entorno así como unha espectacular vista celeste cunha choiva de perseidas. En segundo lugar quedou clasificada a fotografía “Belleza convulsiva que invita al misterio”, de Rosa Villar Pumar, de Vilariñofrío, e a quen corresponderán 300 euros.

CATRO CORAIS PARTICIPARÁN NA TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME CORAL AQUA MÚSICA DE PARADA DE SIL

Venres, 11 Agosto 2017 00:00

Catro corais participarán o sábado día 19 de agosto a partires das 20,00 horas na igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil no terceiro Certame Coral Aqua Música, organizado pola citada agrupación musical coa colaboración do concello de Parada de Sil, o consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Deputación de Ourense. Os grupos participantes serán a coral Cantarela de Riós, que interpretará a canción popular leonesa “Hermosa paloma”, a canción tradicional galega “¡Ay, carbonero!”, seguido de “La casa caída!” de R. de Boltaña e, por último, “Riós”, de E. Mateo.

CONCERTO DE VIOLÍN NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA EN PARADA DE SIL

Martes, 04 Xullo 2017 11:01
Dentro das actividades que xiran en torno ó curso Contos Pintados con Música dentro do proxecto  educativo Ars Combinatoria, celebrarase un concerto de violín no mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil o martes 4 de xullo ás sete da tarde.

A REVISTA SONGLINES, A MAIS PRESTIXIOSA DE WORLD MUSIC, FAISE ECO DO DISCO “SONS DA PEDRA”, GRAVADO NO MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA

Sábado, 01 Xullo 2017 11:20
A revista  Songlines, considerada como a de maior prestixio no xénero world music (música do mundo), faise eco do disco “Sons da Pedra”, no número especial que será distribuido este mes de xullo no Festival Glastonbury (Inglaterra), o máis importante del mundo por impacto.  

O ARQUITECTO OURENSAN PABLO LÓPEZ PROL GAÑA O CONCURSO DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS EN PARADA DE SIL

Xoves, 08 Xuño 2017 14:45
Despois  dun longo proceso de análise e debate entre o xurado coordenado polo presidente do Colexio de Arquitectos en Ourense, Alberto de Paula, e coa participación  de Mónica Álvarez do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Jesús Irisarri de Vigo, tivo lugar o fallo sobre o concurso de ideas para a rehabilitación dunha mazá de casas no pobo de Fondo de Vila en Parada de Sil.

O PONFERRADINO RICARDO ALONSO GAÑA A V EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS CON "SERENATA DE OTOÑO"

Venres, 05 Maio 2017 21:23
O ponferradino Ricardo Alonso Molina resultou gañador da quinta edición do Concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, co traballo titulado "Serenata de Outono", dotado con 1.000 euros. O segundo lugar foi para Valeria Lucía de Luca, nova  escritora de Buenos Aires e gañadora de varios concursos internacionais e a quen lle corresponderá 500 euros polo relato titulado "A vinganza das palabras". Trátase da primeira vez que resulta premiada unha persoa con nacionalidade e residencia fóra de España.

PARADA PROMOCIÓNASE NOS ROTEIROS CULTURAIS DA UNIVERSIDADE

Mércores, 12 Abril 2017 15:30
Co obxectivo de promocionar o concello de Parada e estimular a curiosidade polo seus recursos naturais, históricos e monumentais, tivo lugar unha degustación de chocolate da Casa-Museo de Teimende dentro dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo que inclúe os campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, nos que participan persoas vencelladas á entidade universitaria pero tamén outras alleas a ela. A actividade ten como obxectivo o coñecemento e disfrute do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.

PARADA ADICA ESTE ANO O SEU HOMENAXE NA FESTA DAS LETRAS Ó PROFESOR EMILIO GRAÑA

Mércores, 12 Abril 2017 15:03
O concello de Parada de Sil, adicada este ano a tradicional homenaxe pola Festa das Letras a un persoeiro destacado orixinario do concello a Emilio González Graña, sociólogo, profesor, excura, defensor de Galicia, as suas xentes, a sua cultura e a sua lingua, gran impulsor do movemento galeguizador e de reivindicación do valor do rural, levado a cabo polo Colexio de Os Milagros do Monte Medo. A idea acadou tanta fondura, que as autoridades eclesiásticas e políticas da época (en pleno posfranquismo), ordearon a inmediata neutralización do proxecto.

A FÁBRICA QUE DEU LUGAR Á CASA-MUSEO DO CHOCOLATE DE TEIMENDE, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO PARA NENOS

Mércores, 29 Marzo 2017 15:36
A fábrica do chocolate de Teimende, hoxe convertida en Casa-Museo polo concello de Parada de Sil, servíu de exemplo para fomentar o espíritu emprendedor entre os rapaces a través dos valores da responsabilidade, a toma de decisión, a coperación e o esforzo. Rosa Casares, filla dos últimos chocolateiros de Teimende, está participando como voluntaria no plan educativo da Fundación Educativa Junior Achievement para dar a coñecer a cultura do emprendemento entre os escolares e xóvenes estudantes e inducilos a que teñan en conta esta posibilidade como unha saída laboral mais á hora de orientar a sua vida profesional no futuro.

QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA CONCELLO DE PARADA DE SIL

Martes, 17 Xaneiro 2017 15:41
O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático don Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos con arreglo ás seguintes
 
BASES:

O CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL CHEGA Á SUA QUINTA EDICIÓN

Martes, 17 Xaneiro 2017 15:39
Despois do éxito das convocatorias anteriores que foron incrementando a participación ata situarse por enriba dos 550 participantes procedentes de case todas as comunidades autónomas, México, Alemania, Italia, A Florida ou San Petersburgo, o concello de Parada de Sil procede a convocatoria da quinta edición. Preténdese con elo descubrir talentos e estimular a imaxinación de todas as persoas e especialmente dos coñecedores da Ribeira Sacra, entendendo que este concurso tamén axuda a difusión da marca no camiño de lograr que sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

PARADA BRILLOU A GRAN NIVEL NA SEGUNDA XORNADA DE “XANTAR” EN EXPOURENSE

Mércores, 10 Febreiro 2016 18:14
Parada de Sil acadou un importante protagonismo na segunda xornada da decimoséptima edición do certame gastronómico Xantar, que tivo lugar en Expourense.

PARADA DE SIL, LUGAR MAIS BONITO DE GALICIA SEGUNDO A WEB VIAJESTIC ATRESMEDIA

Mércores, 10 Febreiro 2016 18:11

O concello de Parada de Sil foi elixido como o pobo máis bonito de Galicia dentro do portal de turismo e viaxes Atresmedia "Viajestic", e agora está á espera de poder conseguir a mesma distinción no ámbito estatal. 

CUARTO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA

Xoves, 14 Xaneiro 2016 00:00
O Concello de Parada de Sil, gracias á doazón do catedrático D.Eugenio Prieto Pérez, natural deste municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

OS BALCÓNS DE MADRID, NO CONCURSO DE TVE “SABER Y GANAR”

Martes, 12 Xaneiro 2016 00:00
Na sua edición do 8 de xaneiro, os Balcóns de Madrid foron protagonistas do concurso de TVE “Saber y ganar” que se emite todos os días na sobremesa a través de “La 2”, presentado por Jordi Hurtado. 
Trátase dun espazo con grande prestixio, xa que leva en antena ininterrumpidamente dende febrero de 1997, sempre co mesmo formato e co mesmo presentador. Nesta ocasión preguntáronlle a unha das concursantes cómo se chamaba o mais famoso miradoiro do Canón do Sil, entre as provincias de Lugo e Ourense. Para ver esa parte do concurso prema neste enlace. A pregunta sobre os Balcóns aparece a partir do minuto 22,40 de programa. 

YOLANDA JÁCOME: “O PRINCIPAL PROBLEMA DO RURAL É O ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN

Luns, 11 Xaneiro 2016 00:00
A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, afirma nunha entrevista publicada polo xornal La Región, que o principal recurso do concello é o turismo, e que os veciños “debemos crer que se pode vivir dél”, así como que o principal problema do rural galego é o envellecemento da poboación. Sigue a entrevista completa premendo aquí
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos