.

CONCURSOS

CONCURSOS

 

 

DECLARACIÓN DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA XI EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2023

(Sábado, 29 abril 2023)

O xurado designado para a evaluación do Undécimo Concurso de Microrrelatos 2023, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado mes de xaneiro, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios: 

· Primeiro premio ao microrrelato titulado: "A QUÉ HUELE LA TRAICIÓN..."  de Esperanza Macarena Expósito Molina, Sevilla · ESPAÑA

· Segundo premio ao microrrelato titulado: "PRESUNTAMENTE" de Estefanía Soto Sánchez, Aguilar de Campoo, Palencia · ESPAÑA

· Terceiro premio ao microrrelato titulado:  "DEBEU SER O AIRE" de Naila María González Rodríguez, Sarria, Lugo · ESPAÑA

 

Parabéns a tódolos premiados tanto de Europa coma dos outros continentes!

Os premios serán entregados o vindeiro sábado 13 de maio 2023 no Salón de Plenos do Concello de Parada de Sil con motivo do Día das Letras Galegas.

E grazas a todos os que participáchedes nesta edición engrandecendo a cultura galega e española a través da escritura.

 

 

 

XVi CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"  2023

 

(Domingo 01.04.20232)

 




O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XVi Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2023 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía. 

 

 

 
 

 

 

 

+INFO E CONSULTAS EN: Tel . +34 616 516 238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

XI CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA · PARADA DE SIL 2023

 

O Concello de Parada de Sil convoca a XI edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 2023.
Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos.

Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.
A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega rematará o 24 de marzo de 2023. Non obstante, o certamen considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se acaden os mil relatos.

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembramos que todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo)  que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Se a PLICA non contén tódolos datos completos e a DECLARACIÓN XURADA non está asinada ou acompañada no seu caso de copia de Documento Nacional de Identidade /Pasaporte polas duas caras: non se admitirá o microrrelato.

+INFO AQUÍ: BASES OFICIAIS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2023

 

 

GAÑADORES DO XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2022

 

VISIÓNS DE PARADA DE SIL

 

1º PREMIO · O MOSTEIRO AGOCHADO de Adriana Mateo Fernández · OURENSE

 

 

2º PREMIO · LOS ARCOS de Jose Manuel Maiquez Mijares · Fuenjirola - MALAGA

 

TEMA LIBRE

 

1º PREMIO · UNHA MIRADA 360 OURENSE de Fernando Saco Vidal · OURENSE 

 

2º PREMIO · ESPIRITU DE LIBERTAD  de Antonio Farto Casado · Madrid

 


 

DECLARACIÓN DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA X EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2022

(Sábado, 07.05.2022)

 

O xurado designado para a evaluación do Décimo Concurso de Microrrelatos 2022, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado 1 de febreiro, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios:

 

· Primeiro premio ao microrrelato titulado: "AMORES DE CRISTAL"  de Antonio Tocornal, Mallorca · ESPAÑA

· Segundo premio ao microrrelato titulado: "EQUILIBRIOS" de Beatriz Coira Ríos, Vigo, Pontevedra · ESPAÑA

· Terceiro premio ao microrrelato titulado:  " EL OLVIDO QUE FUÍ" de Belén Jácome Pérez, Gondomar, Pontevedra · ESPAÑA

 

Parabéns a tódolos premiados! Y grazas a todos os que participáchedes nesta edición engrandecendo a cultura galega e española a través da escritura.

 

 

 

 

 

XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS FÁBREGAS"  2022

(Domingo 08.05.2022)

 

O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil" veñen a convocar o XV Concurso fotográfico "ROSA PONS FÁBREGAS" 2022 co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén co tema "LIBRE" espallar a arte da fotografía.

 

Bases do concurso aquí:  XV CONCURSO FOTOGRÁFICO "ROSA PONS" 2022

 

+INFO E CONSULTAS EN: Tel . +34 616 516 238 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

X CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA · PARADA DE SIL 2022

(Mércores 02.02.2022)

O Concello de Parada de Sil convoca a X edición do Concurso de Microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 2022.
Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos.

Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.
A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega rematará o 31 de marzo de 2022. Non obstante, o certamen considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se acaden os mil relatos.

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembramos que todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo)  que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Se a PLICA non contén tódolos datos completos e a DELARACIÓN XURADA non está sinada ou acompañada no seu caso de copia de Documento Nacional de Identidade /Pasdaporte por as duas caras: non se admitirá o microrrelato.

Anexamos para incluir co seu microrrelato FORMATO WORD: Modelo de PLICA e DECLARACIÓN XURADA en GALEGO

Anexamos para incluir co seu microrrelato FORMATO PDF: Modelo de PLICA e DECLARACIÓN XURADA en GALEGO

+INFO AQUÍ:  BASES OFICIAIS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2022

 

 

DECLARACIÓN DO XURADO E FOTOGRAFÍAS PREMIADAS NO xiv CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021

(Venres, 13.08.2021) O xurado designado para a evaluación do XIV Concurso Internacional de Fotografía ROSA PONS FÁBREGAS 2021, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado 10 de maio, composto por D. Fernando Sacó Vidal, D. Luis Baños Campo e D. Xosé Antón Vázquez Pérez, como Secretario. Despois de recibir 772 fotografías das diferentes vilas de Galicia, de case todas as comunidades autónomas de España e de Arxentina, Colombia, Brasil, México, Cuba, Moçambique, Portugal e Rumania, deciden por unanimidade conceder os seguintes premios:

PRIMEIRO premio VISIÓNS DE PARADA DE SIL 2021 á fotografía titulada:

UNHA XANELA Á NATUREZA de José Manuel Novoa Blanco, Piñor de Barbadás -  OURENSE

 

SEGUNDO premio VISIÓNS DE PARADA DE SIL 2021 á fotografía titulada:

MAR DE NÉBOA de Víctor Manuel Fernández Díaz, Ourense -  OURENSE

 

 

PRIMEIRO premio TEMA LIBRE 2021 á fotografía titulada:

O BRASIL DE AÇAÍ de Eduardo Moody Silveira, Bahía -  BRASIL

 

SEGUNDO premio TEMA LIBRE 2021 á fotografía titulada:

QUIETUD de Francisco Javier Domínguez García, Jérez de la Frontera -  CÁDIZ

 

 

aprazado o fallo do xurado do XIV CONCURSO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021

Debido a gran cantidade de fotografías recibidas na actual convocatoria do XIV Concurso Fotográfico ROSA PONS, decidimos APRAZAR o fallo do xurado ata o 12 de agosto de 2021, para poder facer un bó traballo de selección. A data de entrega de premios anunciarase oportunamente e será comunicada persoalmente ás persoas premiadas.

COMPOSICIÓN DO XURADO do XIV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2021:

  • D. Fernando Sacó Vidal
  • D. Luis Baños Campo
  • D. Xosé Antón Vázquez Pérez ( Secretario)

Grazas e desculpen as molestias!

 

 

declaración DO XURADO E MICRORRELATOS PREMIADOS NA IX EDICIÓN DO CONCURSO DE  MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2021

O xurado designado para a evaluación do Noveno Concurso de Microrrelatos 2021, que convocou o Concello de Parada de Sil, o pasado 10 de xaneiro, composto polos profesores D. Antonio Carreño, D. Delfín Caseiro, e D. Arturo Fernández deciden por unanimidade conceder os seguintes premios:
 

Primeiro premio ao microrrelato titulado: METALES PESADOS

 

Segundo premio ao microrrelato titulado: OS OLLOS DO PASADO

 

Terceiro premio ao microrrelato titulado: AMO A MI SIL

 

 
      
    
 
 

parada de sil CONVOCA O xiv CONCURSO FOTOGRÁFICO INTERNACIONAL "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021

Un ano máis,e van catorce, o Concello de Parada de Sil, en colaboración coa Asociación Cultural "Ouro do Sil" convoca o Concurso de Fotografía Internacional "ROSA PONS FÁBREGAS" 2021 con dúas modalidades de fotografía, 
Na primeira modalidade: Visións de Parada de Sil preténdese fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade, riqueza histórica, patrimonial e paisaxística do Concello de Parada de Sil.
Na segunda modalidade: Tema Libre: preténdese estimular a arte na fotografía.
As bases están na fotografía anexa a este texto.
Cada participante pode concursar nas dúas modalidades cun máximo de catro fotografías en cada modalidade. As fotografías non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso
A presentación dos traballos será no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A data límite de presentación será o 26 de xullo e o xurado fará  público o fallo o día 6 de agosto.
Dende o día 14 de agosto farase unha exposición das fotografías no Concello para quen queira visitarnos e  o premio entregarase  con motivo das festas patronais de San Ramón, data que se anunciará oportunamente. Ao acto de entrega de premios asistirá o mecenas do Concurso, o empresario de Parada de Sil, afincado en Barcelona, D. Camilo Yañez Pons, fillo da querida mestra de Parada: Dona Rosa Pons.
 
Parada de Sil a 10 de maio de 2021
Paco Magide, Concelleiro de Cultura e Turismo
CONCELLO DE PARADA DE SIL

 

 

COMUNICADO DA ORGANIZACIÓN DO IX CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2021

Debido a gran cantidade de traballos recibidos na actual convocatoria do IX Concurso de Microrrelatos, decidimos APLAZAR o fallo do xurado ata o 31 de mayo de 2021, para poder facer un bó traballo de selección. A data de entrega de premios anunciarase oportunamente e será comunicada persoalmente ás persoas premiadas.

Anunciaremos os ganadores en https://paradadesil.es/index.php/es/servicios/concurso e no noso perfil: @concelloparadadesil en Instagram, Twiter e Facebook.

Síguenos e mantente informado! Moitas grazas a todos por participar!

 

 

 

NOMEAMENTO DO XURADO DA IX EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL 2021

(05.04/2021)

D. Aquilino Domínguez Díaz, Alcalde do Concello de Parada de Sil, en relación cos membros do xurado do iX Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil
RESOLVO:
 
PRIMEIRO.- Nomear membros do Xurado do IX concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra do Concello de Parada de Sil como:
 
Presidente: Dº. Antonio Carreño González
Vogais:
Dº. Arturo Fernández Novoa
Dº. Delfín Caseiro Nogueiras (Actuará tamén como Secretario)
 
O fallo do Xurado deberá considerarse inapelable, de acordo coas Bases que regulen o concurso.
 
SEGUNDO.- Publicar os membros do Xurado na páxina web do concello
 
Parada de Sil, 5 de abril de 2021.-
 

  • convocada a IX edición do concurso de microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL 

     
    (25.01.2021)
    O Concello de Parada de Sil convoca a IX edición do concurso de de microrrelatos RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL, que se rexerá conforme as seguintes

    BASES:
    1. Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.
     
    2. Os microrrelatos serán de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar cun microrrelato.
     
    3. A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
     
    4. A data de entrega finalizará o 30 de marzo de 2021. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.
     
    5. A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
     
    I. Correo electrónico dirixido Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. poñendo en asunto o título completo da obra. No devandito correo achegaranse dous arquivos en formato Word:
     
    • O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
     
    • O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Todas as plicas gardaranse nun cartafol protexido e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima. Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata o día de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso.

    Para calquera dúbida enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
     
    II: Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado á seguinte dirección: “Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”. Praza Campo da Feira nº 1. 32740 Parada de Sil. Ourense. Os textos enviaranse tan só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.
     
    6. O Concello, como organizador, designará ao xurado competente que estará presidido polo catedrático, escritor e hispanista D. Antonio Carreño.
     
    7. O fallo do xurado farase público o 7 de maio de 2021 e será inapelable.
     
    8. Dotación e fallo do premio:
        1º Premio 1.000 €
        2º Premio    500 €
        3º Premio    300 €
     
    9. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 15 de maio de 2021.
     
    10. A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.
     
    11.Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil á utilización do relato citando ao autor ou autora do mesmo.
     
    Parada de Sil, 25 de xaneiro de 2021

 

 

  • XIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ROSA PONS"

(06.06.2020)
O concello de Parada de Sil ven de convocar a decimoterceira edición do concurso de fotografía “Rosa Pons”, que conta habitualmente cunha notable participación procedente dos puntos máis diversos da xeografía española. O certame está patrocinado polo empresario Camilo Yáñez, fillo de Rosa Pons, afincado en Barcelona, pero vencellado a Parada de Sil dende a sua infancia e onde dispón a sua segunda residencia na que para varias veces ó ano e sobre todo nas vacacións de verán.

 

Os concursantes  poden participar na modalidade de “Visións de Parada de Sil”, dotada con 800 euros para o primeiro premio e 300 para o segundo. A entidade convocante agarda que a apertura da mobilidade en Galicia despois dos meses de confinamento provocado polo estado de alarma, permitirá que se incremente a participación.

 

A outra modalidade é de tema libre e os premios son de 700 euros para o ganador e 200 para o segundo clasificado.

 

As fotografías poden enviarse a  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ata o día 27 de xullo. Cada concursante pode presentar un máximo de catro fotografías en cada modalidade. Os traballos serán xulgados por un xurado profesional. O concuso o convoca o Concello de Parada de Sil en colaboración coa Asociación Cultural Ouro do Sil.

 

  • FALLO DA VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

(07.07.2020)
A palentina Encarna Ruíz Rodríguez, co traballo “Una vida de película”, é a gañadora da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Ribeira Sacra-Parada de Sil”, cunha dotación en metálico de 1.000 euros. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, que certifican a consolidación do certame no panorama literario. Esta avalancha de relatos requeriu un esforzo extra por parte do xurado encargado de avalialos.

Como é habitual, o responsable do equipo calificador foi o profesor e escritor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University e fillo predilecto de Parada de Sil, de onde é orixinario. Os outros dous integrantes, tamén membros habituais neste labor crucial do certame, foron Arturo Fernández, catedrático de Lingua e ex director do Instituto Otero Pedrayo; e Delfín Caseiro, inspector de Educación e escritor.

Para os tres, tuvo palabras de agradecemento o alcalde de Parada, Aquilino Domínguez, subliñando “o traballo e o rigor empregado, que é fundamental para que o concurso de microrrelatos teña acadado o prestixio do que goza, a pesares da sua curta existencia”.

O segundo e o terceiro premios quedáronse en Galicia, recaendo en Nones Araújo Fernández, de Vigo, co traballo titulado “A preñez desiguala” -escrito en galego-, a quen lle corresponde unha dotación de 500 euros, e na coruñesa Siddharta Álvarez Sánchez, co texto “Café solo”, respectivamente, que recibirá unha compensación de 300 euros.

 

Aparte do alto número de microrrelatos presentados, cabe salientar a procedencia heteroxénea dos mesmos, que abranguen a todos os territorios do Estado español, boa parte dos países de América -sobresae Arxentina con cerca de 50 participantes-, dende Ecuador, Colombia, Cuba, Venezuela, Canadá ou Estados Unidos, entre outros. Tamén de países europeos e incluso de Israel.

 

Neste senso, o alcalde insiste na importancia do que significa esta alta participación, “polo que ten de estímulo da escritura para a xente do mundo literario, así como para os novos valores da narración. Tamén -afirma Aquilino Domínguez- como un dos vehículos para espallar os valores da Ribeira Sacra e o que significa e, nomeadamente os de Parada de Sil”. Abunda sobre o particular o concelleiro de Cultura, Francisco Magide, dicindo que “a alta participación e a calidade dos traballos presentados  supoñen tamén un respaldo claro á aposta do concello pola cultura e os recursos naturais, artísticos e monumentais da nosa terra”.

 

A ceremonia de entrega de premios farase previa comunicación ós interesados, o non poder celebrarse  o acto no que estaba previsto, como é tradicional.

 

 

  • DE MICRORRELATOS

    - (03.02.2020) OITAVO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA - PARADA DE SIL. Ver convocatoria e bases

     

 

  • gadis: o meu entroido é o mellor! (eDICIÓN 2019)

    Parada de Sil é o corazón da Ribeira Sacra. Asómase ao Entroido ourensán desde o Miradoiro do Monte Meda, vestido de ANXEOS. As súas xentes: maiores, mozos e cativos, nesta festiva e brincallona época do ano, visten traxes que os tapan da cara ata os pés. Feitos de antigos “sacos anxeos” das patacas, das castañas e mesmo do café en grao. Van nunha carroza polas diferentes parroquias do concello divertíndose cos seus veciños e veciñas, nun ambiente de festa, confraternidade e rodeados de boas viandas que son ofrecidas aos “Anxeos” polos seus habitantes. Ao final do percorrido, veciños e Anxeos reúnense ao redor dun bo cocido galego...regado por un Mencía da Ribeira Sacra e remantando o xantar con baile e con bica de castaña molladiña en licor café artesán da zona.
     
    Convidámosvos a visitarnos no entroido ou calquiera día do ano, somos un concello cheo de arte románico, miradoiros e balcóns ao río Sil, cultura milenaria, viños, castañas, doces e tradicións puramente galegas.

  •  

 
 
 
 

 

  • X

 
 
 
 
Vostede está aquí: Home Servizos Concursos