Banner Turismo

 

 

LUGARES DE INTERESE



Esta ruta de lugares de interese proponche enclaves onde sentir a paisaxe, a cultura e a historia desta terra. 

Todas as paisaxes teñen unha linguaxe escondida que se deixa oír a quen queira escoitalo. O canón do Sil xera microclimas especiais: o seu espectacular relevo produce unha escala natural de ambientes, dende a paisaxe minuciosa de ribeira ata os horizontes abertos da montaña. Preto do río, encontrarás especies típicas de zonas mediterráneas e soutos que deixa paso, máis arriba, a fermosas carballeiras.

 

  • MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA de ribas de sil

    O mosteiro benedictino de Santa Cristina de Ribas de Sil é un conxunto monacal católico, xa en desuso. Xoia do románico da Ribeira Sacra, está situado as beiras do río Sil. Pertenceu á Orde de San Bieito e ten a súa orixe no século X.
    Conserva en toda a súa pureza os elementos arquitectónicos da súa primeira construción  románica, sobre todo na igrexa e campanario e disposición das dependencias monacais;  así como as posteriores pinturas renacentistas do século  XVI do seu altar.
    Primeiro foi un mosteiro independente e, despois da reforma do século  XVI, queda como priorado dependente do mosteiro benedictino de Santo Estevo, desa época debemos o seu medio claustro renacentista.
    Na actualidade restaurouse sen alterar en absoluto a súa esencia a pesar da devastación e ruína da desamortización de Mendizábal no século  XIX. 
    Está emprazado nun dos meandros que o río Sil forma ao bordear o Monte Varona, nunha península cuberta por un vello e frondoso bosque de castiñeiros. Sen dúbida, un dos lugares máis máxicos de Ribeira Sacra. 
  • AVISO IMPORTANTE: EN SEMANA SANTA E VERÁN 2022 NON SE PERMITE ACCEDER AO MOSTEIRO EN VEHÍCULO PRIVADO DE MOTOR. SOAMENTE EN BUS-LANZADEIRA.
  • Ubicación: 42.395877, -7.58833

AVISO IMPORTANTE: Dende o 12 de decembro 2022 ata 19 marzo 2023 o Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil permanecerá PECHADO aos visitantes por fin da tempada turística. Agradecemos a vosa visita ao longo do 2022 e esperámosvos en marzo de 2023. Graciñas pola vosa colaboración!

 

TARIFAS 2022

  • Tarifa xeral individual 2,00€.  A entrada ao Mosteiro de Sta. Cristina é LIBRE, NON GUIADA.
  • Tarifa reducida: 1,50€/persoa para grupos de máis de 25 persoas.
  • Gratuidades:
  1. Cativo/as ata 14 anos.
  2. Guías Oficiais de Turismo no exercicio das súas funcións.
  3. Titulares "Carné Xove", válido e en vigor ata 26 anos.
  4. Residentes de Parada de Sil presentando documentación.
  5. Personas con mobilidade reducida acreditando mediante carné.

RESTRICIÓNS para acceder ao Mosteiro de Sta.Cristina (Igrexa sacralizada e BIC):

· Prohibido acceso con mascotas excepto cans guía ao mosteiro e a súa contorna.
· Prohibido fumar, comer e beber no Mosteiro e na súa contorna.
· Prohibido entrar descalzo e entrar co torso nú.
 

* Pola súa seguridade controlamos o aforo ao Mosteiro, que é de 100 persoas/hora, pregamos RESERVEN A SÚA ENTRADA aquí: MONASTERIO DE STA. CRISTINA 

 
* No Verán dende o 1 de xullo ata 18 de setembro 2022: Sóamente poderáse acceder mediante o Combinado Mosteiro + Bus-Lanzadeira. 
 
 
*Autorizacións especiais para acceder ao monasterio en Verán:
As persoas con mobilidade reducida acreditada, os grupos organizados, con ou sen guía oficial, que viaxen en autobús propio e os vehículos que utilicen o servizo de BÚSKALO,  poden acceder ao Mosteiro previa autorización dende a Oficina Municipal de Turismo chamando e acreditándose antes no +34 689 683 713

 

HORARIOS DE VISITA 2022

DO 18 ABRIL ATA 30 XUÑO:
Visita libre, NO guiada.
De luns a xoves:
- Horario: 10:00 a 16:00 horas. inenterrumpidamente.
De venres a domingo:
- Horario mañán: 10:00 a 14:00 horas.
- Horario tarde: 16:00 a 19:00 horas.
 
SEMANA SANTA (14,15,16 e 17 abril) e VERÁN (Dende o 1 de xullo ata 18 de setembro):
· Prohibido baixars en vehículo particular ao Mosteiro.
· Soamente poderase baixar mediante o Combinado Mosteiro + Bus-Lanzadeira.
 
DO 19 SETEMBRO ATA 16 OUTUBRO:
Visita libre, NON guiada.
De luns a domingo:
- Horario mañán: 10:00 a 14:00 horas.
- Horario tarde: 16:00 a 19:00 horas.
 
DO 17 OUTUBRO ATA 2 DECEMBRO:
Visita libre, NON guiada.
De luns a domingo:
- Horario: 11:00 a 16:00 horas. ininterrumpidamente.
 
DEL 3 AL 11 DICIEMBRE:
Visita libre, NO guiada.
Tódolos días da ponte:
- Horario: 11:00 a 16:00 horas. ininterrumpidamente.
 
HORARIOS ESPECIAIS:
16 e 17 maio - Letras Galegas
12 outubro - Hispanidade
Visita libre, NON guiada.
- Horario mañán: 10:00 a 14:00 horas.
- Horario tarde: 16:00 a 19:00 horas.

AVISO: O Concello de Parada de Sil resérvase o dereito de pechar o mosteiro ás visitas en calqueira data con motivo de eventos culturais, musicais, institucionais ou análogos informándoo nesta web, en Google e na entrada do mosteiro.

 
 
 
 

CASA-MUSEO fábrica De CHOCOLATE (teimende)

Único museo do Chocolate en Galicia. Durante case un século, a familia Casares fabricou diferentes tipos de chocolate baixo a denominación comercial “Chocolates Caldelas” e “Chocolates Casares”, ata o peche, nos anos 80.
No Museo do Chocolate en Teimende, poden verse as máquinas doadas pola familia Casares e nel explícase o proceso de fabricación tradicional do chocolate: desde a chegada do cacao en gran, seguindo todos os pasos ata a obtención do produto final, así como o proceso de distribución.
Inaugurada no 2015, foi durante case un século, referente de emprendemento.  Pechou as súas portas cando o último chocolateiro, Ricardo Casares, se xubilou. O inmoble e a maquinaria foron cedidas pola familia ao Concello de Parada de Sil, para gardar a memoria desta actividade.Tamén pode adquirirse chocolate artesán, segundo a receita da familia e o libro coa historia deste enclave chocolateiro.
Sen dúbida, o lugar máis doce de Ribeira Sacra.

Ubicación: 42.367695, -7.572243

MUSEO ABERTO DENDE 2 XANEIRO ATA 31 DECEMBRO 2023

TARIFAS 2023 

  • Tarifa xeral individual 1,00€.  (Entrada con visita guiada á Casa - Museo Fábrica de Chocolate)
  • Duración aproximada de la visita guiada: 45 minutos.
  • Aforo limitado a 15 persoas + guía do museo.
  • Gratuidades:
  1. Cativo/as ata 14 anos.
  2. Guías Oficiais de Turismo no exercicio das súas funcións.
  3. Titulares "Carné Xove", válido e en vigor ata 26 anos.
  4. Residentes de Parada de Sil presentando documentación.
  5. Personas con mobilidade reducida acreditando mediante carné.

RESERVA OBRIGATORIA POR TELÉFONO 689683713 ATA 15 MARZO 2023. C

RESTRICIÓNS para acceder á Casa-Museo do Chocolate:

· Prohibido acceso con mascotas excepto cans guía
· Prohibido fumar
· Prohibido comer e beber nesta área.
· Prohibido entrar descalzo
· Prohibido entrar sen camiseta
 

HORARIOS DE VISITA 2023

· Visitas guiadas cada hora.
· Máximo 15 persoas + guía do museo.
· Non se incorporarán visitantes unha vez comezada a visita.
· Teñen prioridade as persoas que reservaran con antelaciónante as persoas que se presenten sen reserva.
 

DO 2 XANEIRO ATA 15 MARZO:

Visitas guiadas cada hora 

De luns a venres: Horario inenterrumpido 09.00 I 10.00 I 11:00 I 12:00 I 13:00 horas. Última visita ás 13:00 hrs.

Sábado e domingos: PECHADO (excepto visitas reservadas con anterioridade)

 

AVISO: O Concello de Parada de Sil resérvase o direito de pechar o museo ás visitas en calqueira data con motivo de eventos institucionais, mantemento ou análogos informándoo nesta web, en Google e na entrada do museo.

 
 
 
  • MIRADOR "OS BALCÓNS DE MADRID"

    Espectacular miradoiro sobre o Canón do Sil, situado a 500  m. de altitude,no límite superior do Canón do Sil 

    Ubicación: 42.390975, -7.565316

     
  • ABERTO os 365 días do ano.
 
 
  • MIRADOIRO DE TRIGUÁS

    Un pouco máis abaixo da ermida encontrarás o miradoiro. Dende alí verás un compendio de todas as paisaxes que contén a Ribeira Sacra, produto dunha historia xeolóxica única.

    Ubicación: 42.362031, -7.539741

     
    • ABERTO os 365 días do ano.
 
 
  • MIRADOIRO pena da cividade (CASTRo)


    Ubicación: 42.389554, -7.588914
     
    • ABERTO os 365 días do ano.

     
 
 
  • MIRADOIRO DO PICOTIÑO (A COLUMNA)

    O mirador da Columna está rodeado da vexetación típica da zona, castiñeiros, carballos, arbustos e pode considerarse un dos mellores miradoiros de toda a Ribeira Sacra desde onde pode contemplarse a impresionanante vista do Cañon do Sil.

    Ubicación: 42.375278, -7.614167

     
  • ABERTO os 365 días do ano.
 
 
  • MIRADOIRO DE CABEZOÁS

    Cabezoás é un dos miradoiros máis populares da Ribeira Sacra, o que indica a súa relevancia nun territorio caracterizado pola abundancia e calidade de puntos de observación.
     
    Localízase ao pé da estrada, fronte ao meandro coñecido como Coto das Boedas, impresionante mole granítica de máis de 700 metros de altitude que cae vertical ao río nun desnivel que supera os 400 metros. Estamos nun dos puntos de maior profundidade do Canón do Sil.
     
    Cabezoás conta cunha pasarela de madeira e unha plataforma que acentúa a visión vertixinosa do río, rodeada da vexetación propia da zona como castiñeiros, carballos e uceiras 

    Ubicación: 42.373684 -7.604687 

     
    • ABERTO os 365 días do ano.
 
 
  • MIRADOIRO DO XUGUIÑO OU CHAO DE MADEIROS (MONTE MEDA)

    Miradoiro situado sobre o Sil, na ladeira do Monte Meda.
     
    Ubicación: 42.368139, -7.620611
     
    • ABERTO os 365 días do ano.


     
 
  • NECRÓPOLE DE SAN VÍTOR

    Conxunto arqueolóxico formado por restos de unha capela medieval e unha necrópole con tumbas antropomorfas escavada en pedra.
    É unha testemuña excepcional do eremitismo e unha das máis importantes do noroeste peninsular, para o período alto-medieval, séculos X-XI, cunha capela e máis de 40 sepulturas escavadas na roca.
     
    Ubicación: 42.373642, -7.502710
     
    Acceso exclusivo a pé.
  • VISITABLE os 365 días do ano.
     
     


     

  • PONTE ROMANA DE CONCELIÑAS

    É unha ponte medieval e de posible orixe romana, xa que atópase nun camiño de entrada á Ribeira Sacra dende a zona de Caldelas. Hai quen sostén que por aí pasaba a Vereda Maiore romana que enlazaba coa Vía XVIII.

    Ubicación: 42.346479, -7.510648

     
    • ABERTA os 365 días do ano.

     
 
  • Área recreativa de Pradomao

    É un bo lugar para merendar e quizais para un baño na praia fluvial. Tamén podes percorrer un sendeiro duns 4 quilómetros que, pasando por Pradomao e a súa calzada romana, chega á aldea da Edrada.

    Ubicación: 42.339359, -7.523799

     
  • ABERTA os 365 días do ano.
 
  • CASTIÑEIRO MILENARIO

    En Entrambosrríos encontrarás un dos moitos castiñeiros milenarios que hai en Parada de Sil, inmediatamente antes da aldea, preto da estrada de acceso.

    Ubicación: 42.369592, -7.554654

     
    • VISITABLE os 365 días do ano.
 
  • Ermida de Triguás

    É unha das máis coñecidas ermidas dunha zona en que a arquitectura relixiosa se despeza en múltiples exemplos. A despoboación desta comarca provocou que se deixase de celebrar a romaría en Triguás o 12 de setembro, Doce Nome de María.

    Ubicación: 42.362337, -7.539886

    • VISTABLE POLO EXTERIOR os 365 días do ano.
 
  • Pozo do Lobo

    Foxo que utilizábase, antigamente, para cazar lobos.
    Se te achegas ao miradoiro de Os Torgás (ou Balcóns de Madrid) podes visitar este pozo situado detrás do campo de fútbol. Esas pedras gardan a memoria da loita ancestral que manteñen a especie humana e o lobo.  

    Ubicación: 42.389454, -7.565193
 
  • ABERTO os 365 días do ano.
  • NEVEIROS DE MONTE MEDA

    Edificacións coñecidas comunmente como ”casas da neve”. A idea coa que fai anos construíanse era para recoller a neve para, posteriormente, convertela en xeo e poder empregala como produto refrescante durante o verán.

    Ubicación: 42.352211, -7.622788
 
  • VISITABLES os 365 días do ano.
  • PASARELAS DO RIO MAO-FÁBRICA DA LUZ

  • Accederás á Fábrica da Luz dende un desvío. Dende esta antiga central hidroeléctrica sae un carreiro que por unha pasarela de madeira che permite percorrer o último tramo do curso do río Mao (percorrido duns 850 m). 

    Ubicación: 42.374520, -7.497115

    • ABERTAS os 365 días do ano.
 
  • Muiños de Entrambosríos

    Encontraralos se recorres o sendeiro, ainda que tamén podes acceder dende a estrada na aldea de Entrambosríos, baixando uns 250 metros, moi preto do vello castiñeiro.
     
  • VISITABLES POLO EXTERIOR os 365 días do ano.
 
  • Souto de San Andrés

    Aínda quedan exemplos de magníficos soutos (castañais) ben mantidos, como este que suxerimos. Para visitar Santo Andrés podes chegar en vehículo ou camiñando uns 300 m dende Purdeus, pequeno lugar cerca de Casalta.
 
  • VISITABLE os 365 días do ano.
  • AS VIÑAS

    Si te detés no aparcamento que hai antes do desvío a San Lourenzo verás unna zona viñedo. Dende alí, por camiños de servizo, tes a posibilidade de dar un paseo, entre as viñas.
     

 

  • Enoturismo

    ADEGA  RONSEL  DO SIL.  DO. RIBEIRA SACRA. Unha adega restaurada nun antigo  lagar. Produce viños de alta calidade dentro da D.O. Ribeira Sacra.
    No corazón da Ribeira Sacra, onde a natureza sorpréndenos a cada paso, atópase  Ronsel  do Sil, preto do Parador de Santo Estevo e do mosteiro de Santa Cristina, combina o turismo coa arquitectura, a paisaxe e a enoloxía.
    "Ronsel" significa "o suco que deixa unha embarcación ao navegar a través da auga".  Ronsel  do Sil pretende deixar a súa pegada de paixón e respecto pola paisaxe sostible e a cultura do viño na Ribeira Sacra.
    Realízanse visitas guiadas aos viñedos e á adega, explicando o proceso de elaboración do viño, con catas e degustacións de viños das variedades autóctonas.

    Ubicación: 42.383902, -7.519374
    Cita previa visitas: 988 984 923  -  685 877 740 
     
     Web para máis información www.ronseldosil.com

 

  • licorería e cervexa artesana

    FÁBRICA DE LICORES ICATÚ - ECOS DA PEDRA (Casa Alende - Teimende)
    Contacto: 652 820 140
    Horario: De mércores a domingo, de 11:00-14:00 h, e de 16:30-20:30 h.
    Ubicación: 42.370267, -7.573683
    Web: https://www.ecosdapedra.com/

 

 
 
Vostede está aquí: Home Turismo Lugares de interese