.
Miércoles, 24 Octubre 2018 16:00

A ASOCIACIÓN CULTURAL OURO DO SIL CELEBRA O 27 DE OUTUBRO O SEU TRADICIONAL MAGOSTO EN PARADA

A Asociación Cultural “Ouro do Sil” celebrará o sábado 27 de outubro o seu tradicional magosto en Parada no Campo da Feira, nunha carpa instalada especialmente para a ocasión neste lugar. O menú constará de empanada de carne ou bonito, carne ó caldeiro, castañas e chocolate con bica. A bebida debe aportala cada comensal para consumo propio. Os prezos serán de 12 euros para o público en xeral e de seis euros para os socios da entidade. Será preciso inscribirse antes do 25 de outubro contactando con calquera membro da directiva ou chamando ó teléfono ou WhatsApp 616 51 62 38. Tamén se pode facer a inscrición a través de correo electrónico na dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

No decurso da festa e máis ó final actuará a charanga “Hai que Avisar”. A organización correu a cargo da propia colectividade “Ouro do Sil”, coa colaboración co concello de Parada de Sil.

Está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A ASOCIACIÓN CULTURAL OURO DO SIL CELEBRA O 27 DE OUTUBRO O SEU TRADICIONAL MAGOSTO EN PARADA