Xoves, 04 Xullo 2024 14:09

OD(I)OSA TEATRO & DANZA · SÁBADO 13 XULLO 2024

O Concello de Parada de Sil anuncia  a experiencia de Teatro & Danza de Noelia Nuño e Claudia Darriba no Mosteiro de Santa Cristina o vindeiro sábado 13 de xullo de 2024 ás 19:00 hrs.

SINOPSE: É  un teatro-danza da compañía Proxecto Morriña que rescata da memoria galega, máis concretamente do ano 1989, a folga que ocorreu na Illa de Arousa, na conserveira Odosa.

“Unha loita que as propias traballadoras, sen apoios de ninguén máis, emprenderon para reclamar os seus dereitos laborais. Así, máis de cen mulleres encerráronse dentro da empresa ao redor dun mes e catro delas chegaron a facer unha folga de fame. Todo isto polo simple feito de que as tomasen en serio, para ser escoitadas”, explican dende a compañía.
Así “Od(i)osa” volve traer á vida esta historia formado por Noelia Nuño como directora e dramaturga (estudante da ESAD e escritora); Claudia Darriba, directora e coreógrafa, ademáis de fundadora da compañía. As actrices que encarnan esta historia son: Rosalía Alonso, Irene Rodriguez e Carla Andrade.
 

O aforo é limitado a 90 personas e a entrada é gratuíta.

As personas que queiran asistir deberán reservar as súas entradas gratuítas na Oficina Municipal de Turismo de Parada de Sil antes do xoves 11 de xullo. Reservaranse entradas por riguroso orden de petición e reserva ata completar aforo.

Máis información e reservas no 689683713 ou no email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

No email precísase de cada asistente: nome + apelidos + teléfono + email de contacto

 

Vostede está aquí: Home