Venres, 19 Abril 2019 17:01

O CHOCOLATE DE TEIMENDE CHEGA Á REXIÓN ITALIANA DO PIAMONTE

O chocolate da Casa Museo de Teimende está abrindo mercados debido á gran aceptación por parte de quenes teñen a oportunidade de probalo. Os turistas que o adquiren durante a sua visita ó museo adoitan levalo para os seus lugares de orixe, para repartir entre familiares e amigos. Froito desta promoción espontánea chegou ata o Piamonte, rexión transalpina do noroeste de Italia, a onde o levoron técnicos responsables do proxecto CRInMA sobre recursos culturais en áreas de montaña nesa rexión italiana, que visitaron Ourense o ano pasado, con outros socios de Polonia, Eslovaquia, Francia e Portugal, que xunto co Xurés ourensán forman parte do mesmo.

Na axenda paralela ós encontros mantidos naquela ocasión, visitaron Ribeira Sacra e nomeadamente Parada de Sil. Un dos puntos que lles chamou a atención foi a Casa do Chocolate de Teimende, facendo acopio de tabletas que alí se venden para levalas como presente para os seus puntos de orixe. Agora, con motivo doutro encontro de traballo entre os socios do mentado programa comunitario celebrado recentemente na provincia de Cuneo, nos Alpes italianos, os anfitrións pedíronlle ós técnicos ourensáns membros do proxecto CRInMa que levasen chocolate de Teimende, que como xa sucedera cando o cataron en Teimende, recibiu entusiastas parabens polo seu sabor, feito destacable en cuanto que os degustadores son dunha rexión con tradición chocolateira, xeográficamente próxima ó leste francés e a Suiza, que teñen no chocolate un dos seus produtos estrela.

AGASALLO NUPCIAL

Por outra parte, o chocolate de Teimende tamén foi utilizado por unha parella de noivos como agasallo no convite posterior á ceremonia do seu casamento, que tivo lugar en Allariz, con invitados chegados de distintos puntos de España. O presente foi louvado con xenerosidade por quenes o probaron, mentres demandaban información adicional sobre a sua procedencia.

Á esquerda, tableta de chocolate de Teimende na reunión de Cuneo, na Alta Langa, pertencente ó Piamonte italiano. Á dereita, os agasallos co nome dos noivos, listos para entregar ós invitados.

Vostede está aquí: Home