Martes, 22 Decembro 2020 16:37

O CONCELLO CREARÁ UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

O concello de Parada de Sil creará unha bolsa para auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral temporal, co obxecto de cubrir os casos de vacante por renuncia, vacacións, licenzas, enfermidade, baixa médica e outras causas do persoal que actualmente está contratado, así como de reforzo de dito servizo, no caso de ser necesario. Asimesmo, poderán ser convocadas para o reforzo do servizo como consecuencia dun posible incremento nas horas de traballo derivadas da COVID-19. Para consultar as bases na sua integridade, prema a continuación. files/20201222_Outros_Bases_persoal_de_auxiliar_SAF.pdf
Vostede está aquí: Home