.
Mércores, 04 Novembro 2020 17:36

PARADA ACOLLERÁ UNHA XORNADA ADICADA Á ADQUISICIÓN DE NOCIÓNS BÁSICAS PARA APROVEITAMENTO DOS SOUTOS

O concello de Parada acollerá unha xornada adicada á adquisición de nocións básicas para aproveitamento e xestión dos soutos, destinada á persoas vencelladas profesionalmento cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria ou cadea forestal -madeira-, ou con expectatiav de incorporación, especialmente mozos e mozas do medio rural galego.

O curso terá lugar o próximo 12 de novembro e terá unha duración de catro horas (entre as 11,00 e as 15,00 horas). As solicitudes deberán ser entregadas, preferentemente, na unidade impartidora, que neste caso será Agacal. Para ler a información completa e obter o impreso de solicitude, prema a continuación. files/CARTAZ_PARADA_DE_SIL.pdf

Vostede está aquí: Home Máis edictos Taboleiro de edictos PARADA ACOLLERÁ UNHA XORNADA ADICADA Á ADQUISICIÓN DE NOCIÓNS BÁSICAS PARA APROVEITAMENTO DOS SOUTOS