O CONCELLO CREARÁ UNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL DE LIMPEZA DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS
O concello de Parada de Sil ben de publicar as bases que rexerán o procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de persoal de limpeza en instalación municipais en réxime de dereito laboral temporal. O cometido a desenvolver levarase a cabo no caso de vacante por renuncia vacacións, licenzas, enfermidade, baixa médica ou outras causas que afecten ó persoal de limpeza actualmente contratado, así como de reforzo do servizo no caso de ser preciso. Para ler o documento completo premer a continuación. files/20210111_Outros_Bases_bases_persoal_limpeza_Parada_de_Sil_concurso_oposicion.pdf
O CONCELLO CREARÁ UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL
SUBVENCIÓNS PARA ESTANCIAS TEMPORAIS NA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE PARADA
BOLSA DE TRABALLO DE PERSOAS AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O concello de Parada de Sil ven de publicar as bases para a creacion dunha bolsa de traballo de persoas auxiliares de axuda no fogar en réxime laboral temporal. As funcións levaranse a cabo no caso de vacante por renuncia, vacacións, licenzas, enfermidade, baixa médica, acumulacións de tarefas e outras causas do persoal que actualmente está contratado, así como de reforzo de dito servizo, no caso de ser necesario. Para ler o documento completo e obter o formulario de inscrición, prema a continuación. files/20201123_Outros_Bases_BASES_AUXILIARES_SAF_PARADA_DE_SIL.pdf
O CONCELLO DE PARADA DE SIL CONCEDERÁ AXUDAS A SECTORES ECONÓMICOS AFECTADOS POLO COVID-19
O concello de Parada de Sil acaba de establecer a concesión de axudas directas a sectores económicos locais afectados polos efectos da situación excepcional provocada pola crise sanitaria do COVID-19, dentro do Plan Reactiva. A finalidade destas axudas é a de protexer e apoiar ao tecido produtivo e social do concello constituído por pequenas empresas formadas por autónomos para lograr o exercicio pleno das suas actividades. Para ler integramente as bases prema a continuación. files/20201119_Bases_galego_firmada.pdf
PARADA ACOLLERÁ UNHA XORNADA ADICADA Á ADQUISICIÓN DE NOCIÓNS BÁSICAS PARA APROVEITAMENTO DOS SOUTOS
O concello de Parada acollerá unha xornada adicada á adquisición de nocións básicas para aproveitamento e xestión dos soutos, destinada á persoas vencelladas profesionalmento cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria ou cadea forestal -madeira-, ou con expectatiav de incorporación, especialmente mozos e mozas do medio rural galego.
O curso terá lugar o próximo 12 de novembro e terá unha duración de catro horas (entre as 11,00 e as 15,00 horas). As solicitudes deberán ser entregadas, preferentemente, na unidade impartidora, que neste caso será Agacal. Para ler a información completa e obter o impreso de solicitude, prema a continuación. files/CARTAZ_PARADA_DE_SIL.pdf
O CONCELLO DEU A SUA APROBACIÓN INICIAL O PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO PARA O BIENIO 2020-21
O concello de Parada de Sil aprobou inicialmente na sesión ordinaria do pleno do concello celebrado o día 1 de outubro de 2020 o Plan económico financeiro para os exercicios 2020-21. O expediente permanecerá exposto ao público durante o plrazo de quince días hábiles dende a sua publicación no Boletín Oficial da Provincia. Para ler o anuncio completo, premer a continuación. files/BOP_14102020.pdf
A PROXECCIÓN DA PELÍCULA "MARÍA SOLINHA" OBRIGARÁ A CORTAR O TRÁFICO CARA OS TORGÁS DENDE AS 21,00 ATA AS 00,00 HORAS
A proxección da película "María Solinha" obligará a cortar o tráfico na estrada que leva a Os Torgás entre as 21,00 ata as 00,00 horas do día 25 de agosto, segundo un edicto da Alcaldía, asinado polo seu titular Aquilino Díaz Domínguez. Para ler o texto completo do documento, prema a continuación.files/20200810_Publicacin_Bando_Bando_corte_de_trafico-1.pdf
O ACCESO ÓS TORGÁS QUEDARÁ CORTADO ENTRE AS 22,00 E AS 00,00 HORAS DO DÍA 11 POLA PROXECCIÓN DA PELÍCULA "MARÍA SOLIÑA"
Con motivo da proxección da película "María Soliña", dentro do programa do "Verán Cultural" de Parada de Sil, quedará cortado ó tráfico o acceso á zona de Os Torgás entre as 22,00 e as 00,00 horas do devandito día, segundo un bando editado pola alcaldía e firmado polo seu titular, Aquilino Domínguez. Para ler o bando completo, prema a continuación. files/20200810_Publicacin_Bando_Bando_corte_de_trafico-1.pdf
A RECOLLIDA DE ENSERES QUEDA REDUCIDA A CASOS DE URXENCIA DEBIDO ÁS MEDIDAS POLO COVID-19
O servizo municipal de recollida de enseres queda suspendido debido ás medidas aplicadas con motivo do COVID-19, segundo anuncia o alcalde, Aquilino Domínguez, nun bando. Tan so se mantén un servicio para casos urxentes que serán atendidos a través dun teléfono que se anuncia no propio bando e que se fará cargo de mobéis, colchón, somieres, cociñas, táboas, cerramento de eidos, gaiolas, televisores, ordenadores ou microondas.
En cambio, non serán aplicables a esta nova situación e, por tanto, non serán recollidos pola empresa encargada do servizo, os materiais de construcción, plásticos industriais, inodoros, lavabos, portas, ventás, persianas, aceites, pinturas, pezas de coches -tampouco rodas- ou aperos de labranza. Anuncia o bando que quenes depositen algúns destes materiais serán sancionados de acordo coa normativa vixente.files/20200806_Publicacin_Bando_Bando_recollida_de_enseres.pdf
O CONCELLO LEMBRA A OBRIGA DOS PRPIETARIOS DE LIMPAR AS PARCELAS PRÓXIMAS Á NÚCLEOS OU VIVENDAS
O concello de Parada de Sil, a través dun bando editado polo alcalde, Aquilino Domínguez, lembra a obligatoriedade dos propietarios de parcelas ou fincas ubicados nos núcleos urbanos, así como as que se atopen a carón de vivendas, naves ou outra edificación de calquera tipo, de manter limpa a sua propiede, así como a prohibición de deixar medrar espacies favorecedoras dos incendios forestais. O rexedor chama á responsabilidade e colaboración dos veciños, avisando tamén de que o custe dos daños que se produzan por causa do lume deberán ser asumidos polos propietarios das parcelas ou fincas sen limpar. Para ler o documento na sua integridade, premer a continuación.files/20200730_Banperimetrais.pdf
O ALCALDE EMITE UN BANDO LEMBRANDO A PROHIBICIÓN DO USO DE AUGA DO ABASTECEMENTO DOMICILIARIO PARA FINS NON DOMÉSTICOS
O concello de Parada de Sil acaba de editar un bando do alcalde, Aquilino Domínguez Díaz, reclamando o uso racional da auga do abastecemento domiciliario, así como a prohibición da sua utilización para fins non domésticos. A decisión municipal xustifícase pola disminución das reservas de auga pola falta de chuvia, así como polo importante incremento de poboación de feito no concello durante os meses de verán. Neste senso, o alcalde apela á responsabilidade e criterio racional da veciñanza.
O CONCELLO CONTRATARÁ CATRO PEÓNS FORESTAIS DURANTE CATRO MESES PARA A LIMPEZA DE RUTAS BTT
O concello de Parada anuncia a contratación de catro peóns forestais durante un periodo de catro meses para a limpeza das rutas BTT do concello. Para máis información, premer a continuación. files/20200702_Publicacin_OFERTA_DE_EMPREGO_PENS_FORESTAIS_PARA_A_LIMPEZA_DE_RUTAS_BTT.pdf
AYUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA RIBEIRA SACRA
O Diario Oficial de Galicia do pasado 22 de xuño publica unha resolución do Instituto da Vivenda e Solo no que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, no que se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra. Para máis información, premer a continuación. files/AnuncioC3Q2-230620-0001_gl-1.pdf
O CONCELLO ANUNCIA UN SERVICIO DE PODOLOXÍA A PREZOS POPULARES
O concello de Parada de Sil, a través dun bando do alcalde, Aquilino Dominguez Díaz, anuncia a posta en marcha dun servizo de podoloxía, que terá lugar a mediados de xullo, a prezos populares. Para máis información, premer a continuación. files/2020/20200630_Publicacin_Bando_bando_podoloxa_2020.pdf
O CONCELLO ANUNCIA A CONTRATACIÓN DE PEÓNS FORESTAIS ATA O MES DE MARZO DE 2021
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domingo, acaba de editar un bando anunciando o proceso de contratación de catro peóns forestais para os próximos nove meses, a contar dende o presente mes de xuño, a bravés de oferta de emprego público.
files/20200615_Publicacin_Bando_OFERTA_EMPREGO_PEON_FORESTAL_APROL.pdf
BANDO DA ALCALDÍA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE LOITA CONTRA OS INCENDIOS FOFESTAIS
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, ven de firmar un bando para proceder á contratación de persoal destinado á prevención e loita contra os lumes forestais.
Resolucións expedientes de contratación de persoal
Bando con motivo da situación actual provocada polo COVID-19
Bando sobre as medidas acordadas por esta Corporación Local en materia de saúde pública, en relación coas actividades e servizos públicos locais, con motivo da situación actual provocada polo COVID-19.
Viaxe a Pazolandia
Comunícase a tódolos país/nais dos nenos e nenas do Concello, que con motivo do evento Pazolandia 2019/2020 pódense anotar nas Oficinas Municipais (988208010) para a viaxe que se levará a cabo o vindeiro día 4 de xaneiro de 2020 (sábado)
AQUILINO DOMÍNGUEZ DÍAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADA DE SIL (OURENSE)
FAGO SABER:
A tódolos veciñ
os e veciñas do Concello que teñan interese, informamos que en breve comezará a funcionar o servizo de PODOLOXÍA (número mínimo 8 persoas) no concello. Este servizo levarase a cabo a principios do mes de novembro.
As persoas interesadas deberán pagar 12 euros en cada sesión (máximo dúas veces ao ano). Para anotarse deberán chamar ó 988 208 010 ou acudir ao concello antes do día 4 de novembro de 2019.
O MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA PERMANECERÁ PECHADO O 19 DE OUTUBRO POLO CONCERTO DE ENSEMBLE HOTTETERRE
Durante a xornada do 19 de outubro, o mosteiro de Santa Cristina permanecerá pechado debido á celebración do concerto "Ensemble Hotteterre no Camiño: A gaita de fol no barroco".
A ESTRADA DO CAMPO DE FÚTBOL ESTARÁ CORTADA OS DÍAS 3 E 7 DE OUTUBRO
A estrada do campo de fútbol permanecerá pechada os próximos días 3 e 7 de outubro debido a obras que se levarán a cabo na mesma. O concello prega desculpas polas molestias que ditos traballos poidan ocasionar ós usuarios.
A ESTRADA DO CAMPO DE FÚTBOL ESTARÁ CORTADA OS DÍAS 3 E 7 DE OUTUBRO
A estrada do campo de fútbol permanecerá pechada os próximos días 3 e 7 de outubro debido a obras que se levarán a cabo na mesma. O concello prega desculpas polas molestias que ditos traballos poidan ocasionar ós usuarios.
Limpeza de fincas para a prevención de incendios forestais
De conformidade coa lexislación vixente recordámoslle a tódolos/as propietarios de fincas nun perímetro de 50 metros arredor das casas, que deberán proceder a súa limpeza antes do 31 de maio, para evitar posibles incendios.
En caso de incumprimento, o organismo competente - Concello ou Consellería de Medio Rural -ordenará os traballos de limpeza repercutindo os seus custos nos propietarios e iniciará o procedemento sancionador.
En caso de incumprimento, o organismo competente, -Concello ou Consellería de Medio Rural-, ordenará os traballos de limpeza, repercutindo os seus custos nos propietarios/as e iniciará o procedemento sancionador.
Esperamos a colaboración de tódolos/as veciños/as para evitar situacións desagradables.
O que se traslada para xeral coñecemento.
Oficinas municipais pechadas o día 22 de maio
Con motivo da celebración da festividade de Santa Rita, as Oficinas Municipais, permanecerán pechadas o día 22 de maio de 2018.