.
Domingo, 15 Maio 2022 13:16

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2022

Coincidindo co Día das Letras Galegas 2022 no Concello de Parada de Sil tivo lugar a entrega de premios do X Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, cuxo ganador nesta edición foi o mallorquín Antonio Tocornal, co traballo “Amores de Cristal”, dotado con 1.000 euros de premio; o segundo premio (cunha dotación de 500 euros) foi para “Equilibrios”, de Beatriz Coira Ríos, de Vigo, mentres que o terceiro premio, dotado con 300 euros, foi para Belén Jácome Pérez, autora ourensá afincada en Gondomar, co relato “El olvido que fui”. O autor balear non poido desprazarse para recoller o premio, en tanto que a segunda e a terceira clasificadas sí que estiveron presentes para recoller os seus.
 
Esta celebración das Letras Galegas estivo presidido polo alcalde, Aquilino Domínguez, e contaba tamén coa presenza do concelleiro de Cultura e Turismo, Francisco Magide, e coa dos membros do xurado do concurso de microrrelatos, integrado por Antonio Carreño, Arturo Fernández e Delfín Caseiro, ao que este ano se presentaron cerca de oitocentos traballos.

 

Delfín Caseiro, Antonio Carreño, Beatriz Coira (2º premio), Belén Jácome (3º Premio), Aquilino Domínguez e Arturo Fernández

 

 

O presidente do xurado do X Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil 2022, D. Antonio Carreño

 

Delfín Caseiro, coma xurado entrega o 2º premio do concurso a Beatriz Coira

 

Arturo Fernández coma partícipe do xurado do concurso, entrega o 3º premio do Concurso a Belén Jácome

 

Veciños de Parada encheron o Salón de Plenos con motivo da entrega de premios do X Concurso de Microrrelatos 2022

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS 2022