.
Mércores, 25 Outubro 2017 17:54

PARADA INICIA O DÍA 28 DE OUTUBRO A PROGRAMACIÓN DE OUTONO CO MAGOSTO POPULAR

* O día 18 de novembro terá lugar a Festa da Pisa, coa Feira de Produtos Locais e o xantar popular da Castaña
 
O concello de Parada inicia o día 28 de outubro a programación do outono coa celebración dun magosto popular na capitalidade municipal, con participación libre. As reservas pódense facer a través do correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
O programa, que se desenvolve co lema “Descobre as paisaxes ao son da caída das follas”, terá continuidade o domingo seguinte, día 5 de novembro, coa cuarta edición das Xornadas Micolóxica, que terán lugar na Fábrica da Luz ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) .
 
O día 11, sábado, tocaralle o turno a undécima Andaina da Castaña nas modalidades para maiores e cativos. A información e a inscripción poderá formalizarse no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ; tamén está programada a Festa do Magosto en Sacardebois, con chourizo, viño e castañas, así como a sesión de Master-Chef Rural. Castañas e carriozas: cociñemos para o noso magosto ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ).
 
O día 18 terá lugar a vi edición da Festa da Pisa, en Purdeus-Chandrexa, así como a Feira de Produtos Locais. O programa dará comenzó ás 11 da mañán, coa apertura da Feira de Produtos Locais, na que se comercializará viño, cervexa, marmeladas, queixo, pan e bicas, entre outros. Media hora máis tarde, ás 11,30, terá lugar a Recreación da Pisa da Castaña, proceso tradicional da preparación das castañas secas, na que a participación estará aberta a todos os visitantes que o desexen. As 14,00 horas, celebrarase o xa tradicional xantar popular da Castaña a base de empanada, ragú de tenreira con castañas, bizcoito de castañas, pan, bebida e café. O prezo será de 15 euros por persoa. A información e reservas faráse a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 988 208010.
 
Os días 25 e 26 de novembro celebrarase a III Maratón Fotográfica de Parada de Sil ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ). Asimesmo todas as fins de semana da campaña quenes o desexen poderán degustar menús con castaña no Restaurante O Curtiñeiro. A organización dos actos do Outono corre a cargo de Turismo Riveira Sacra, concello de Parada de Sil, Club de Montaña Ribeira Sacra, Asociación Cultural Ouro do Sil, Asociación de Veciños de Chandrexa de Sil, Asociación veciñal de Sacardebois e Rutea Guías.
 
   
 
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA INICIA O DÍA 28 DE OUTUBRO A PROGRAMACIÓN DE OUTONO CO MAGOSTO POPULAR