.
Sábado, 27 Xaneiro 2018 11:24

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA CONCELLO DE PARADA DE SIL

O Concello de Parada de Sil, gracias a doazón do catedrático Don Eugenio Prieto Pérez, natural de este municipio, convoca un concurso de microrrelatos.

BASES:

1.       Os autores  han de ter en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve caracterizado pola precisión no contar e no emprego da linguaxe, ademais dunha  trama paradóxica e sorprendente.

2.       Os microrrelatos son de tema e estilo libre e poderán estar escritos en galego ou castelán. Serán orixinais e inéditos. Cada autor so poderá participar cun microrrelato.

3.       A extensión do texto non excederá as 200 palabras en formato DIN A-4 a dobre espazo, e tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

4.       O prazo de entrega finaliza o 3 de marzo de 2018. Para os enviados por correo postal contarase como data de entrega a da presentación na oficina de envío.

5.       A presentación dos traballos pode facerse a través dos seguintes medios:

I. Correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . No asunto porase o título completo da obra. No devandito correo, achegaranse dous arquivos en formato Word:

-O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.

-O segundo titularase “PLICA” (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

Todas as plicas gardaranse nunha carpeta protexida e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.

Esta conta de correo é única e exclusiva para o envío dos microrrelatos e non se abrirá ata a data de finalización do prazo de entrega de microrrelatos ao concurso. Para calquera dúbida pódese enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

                II. Correo Postal: Os traballos remitiranse por triplicado ao seguinte enderezo:

Concurso de Microrrelatos. Concello de Parada de Sil. Praza Campo da Feira, nº 1. 32740 Parada de Sil. Ourense.

                Os textos enviaranse só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, enderezo postal, email e teléfono, así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

6.       O concello, como organizador, designará o xurado competente que estará presidido polo catedrático e hispanista don Antonio Carreño.

7.       O fallo do xurado farase público o 30 de abril de 2018 e será inapelable.

8.       Dotación e fallo do premio:

1º Premio: 1.000 €

2º Premio: 500 €

9.       A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 17 de maio de 2018.

10.   A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases.

11.   Todas as persoas participantes autorizan ao Concello de Parada de Sil á utilización do relato citando o autor ou autora do mesmo.

Bases do concurso

Parada de Sil, 11 de xaneiro de 2018

A Alcaldesa

Yolanda Jácome

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas VI EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS RIBEIRA SACRA CONCELLO DE PARADA DE SIL