.
Sábado, 03 Febreiro 2018 10:45

REPRESENTANTES DUN PROXECTO EUROPEO AMOSARON A SUA ADMIRACIÓN POLO NIVEL DE RECUPERACIÓN E A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL EN PARADA DE SIL

Os representantes do proxecto europeo PGI01996 CRinMA: Cultural resources in the mountain areas, do programa Interreg Europa, pertencentes a cinco países visitarán e do que é socio Inorde, amosaron a sua admiración pola beleza natural de Parada, así como pola conservación do seu patrimonio material e inmaterial, xunto co traballo do concello pola sua posta en valor.

Esta visita estivo incardinada no proxecto CRinMA – Recursos culturais en área de montaña, que ten como obxectivo xeral mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña para convertilo nun activo que impulse o  desenvolvemento local e rexional, en consonancia coa Estratexia Europa 2020, que ten como eixos centrais a diversidade cultural e o respecto polos recursos naturais.

O grupo da visita que acompaña o INORDE está integrado por representantes da Región PODKARPACKIE (Polonia), xefe de fila do proxecto, Agencia de Desarrollo Regional de PRESOV (Eslovakia), Municipio de Montalegre (Portugal), Asociación  Europea de  Representantes de las Regiones de Montaña (Francia) e Unión de Municipios de Montaña Piedmont-Uncem Piedmont (Italia).

Os visitantes foron recibidos polo concelleiro de Cultura e excalde de Parada, Francisco Magide, quen explicou o patrimonio histórico, material e inmaterial, monumental, paisaxístico e cultural do concello, así como o labor que levan a cabo os seus xestores, que na última década conseguiron facelo rexurdir e situalo no mapa dos destinos preferidos por decenas de milleiros de turistas.

Os integrantes da expedición europea visitaron os Balcóns de Madrid e a Fábrica da Luz, coa pasarela que vai ata Barxacova. Remataron no Casa do Museo do Chocolate de Teimende, única do seu estilo en Galicia, onde lles foi explicada a historia do enclave e foron agasallados cunha degustación do chocolate do propio Museo.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas REPRESENTANTES DUN PROXECTO EUROPEO AMOSARON A SUA ADMIRACIÓN POLO NIVEL DE RECUPERACIÓN E A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL EN PARADA DE SIL