.
Martes, 20 Febreiro 2018 17:44

O CONCELLO CONTRATARÁ UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE MARZO A DECEMBRO

A alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, informa da apertura do proceso de contratación dun auxiliar administrativo e dun auxiliar de información turística durante dez meses en ámbolos dous casos, entre o 1 de marzo ó 31 de decembro.

A selección farase mediante oferta de emprego público. Para participar na mesma, os interesados han de estar inscritos como demandantes de emprego na cartegoría de auxiliar administrativo e de información turística, segundo cada caso, antes do 23 de febreiro.

Para a contratación do auxiliar administrativo valorarase a experiencia, manexo de informática, carnet de conducir B, coñecemento do concello e estar empadroado no mesmo. Os seleccionados recibirán carta da oficina de Emprego indicando data para presentar a documentación e acreditación dos requisitos.

No caso do auxiliar de información turística, a valoración terá en conta a experiencia no sector, carnet de conducir B, coñecemento do concello e empadroamento. Igual que no caso anterior, os seleccionados recibirán carta da oficina de Emprego indicando data para presentar a documentación de a acreditación dos requisitos esixidos.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO CONTRATARÁ UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE MARZO A DECEMBRO