.
Domingo, 25 Febreiro 2018 18:33

A CASA-MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE ENTRE ESCOLARES DE ALLARIZ

Un centenar de alumnos do CEIP "Padre Feijóo" de Allariz asistiron á ponencia sobre a historia da Casa Museo do Chocolate de Parada de Sil, que se desenvolveu en duas sesións para os nenos de quinto e sexto de primaria. A iniciativa correu a cargo de Rosa Casares, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro dunha dinastía popular en Parada; precisamente a fábrica da sua propiedade foi sobre a que se construiu o museo, despois da cesión por parte das suas herdeiras.

A ponente explicou detalladamente tanto a historia do chocolate, dende os puntos onde se cultiva o cacao ata o proceso de elaboración do produto ata que chega ó mercado. Valeuse para eso de material didáctico co que respaldou a explicación oral.Os nenos amosaron grande interese polo proceso e loubaron a calidade do chocolate despois de probar a mostra que lles ofreceu Rosa Casares.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A CASA-MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE ENTRE ESCOLARES DE ALLARIZ