.
Venres, 13 Abril 2018 17:22

A CASA MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE ENTRE OS ALUMNOS DE COCIÑA DE VILAMARÍN

O pasado dez de abril, a Casa Museo do Chocolate de Teimende chegou ós alumnos e alumnas de Ensinanzas de Cociña do Instituto de Educación Secundaria de Vilamarín da Man de Rosa Casares Prieto, filla de Ricardo Casares, o último chocolateiro propietario da fábrica industrias Casares, que durante máis de cuarenta anos elaborou chocolate artesanal, tradición que herdou dos seus antepasados. Rosa Casares ademáis de explicar a orixe das materias primas que se utilizan para facer o chocolate, sobre todo o cacao e o zucre, desmenuzou o proceso seguido para a fabricación, así como a evolución ata convertirse en Casa Museo, na que se expón a maquinaria e todo o material que se utilizaba na elaboración do produto.

A fábrica de Teimende foi durante moitos anos unha referencia en Parada e na comarca e hoxe o único museo de Galicia adicado ó chocolate. A xornada no IES de Vilamarín acabou precisamente cunha degustación de chocolate que ten a venda o propio Museo.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A CASA MUSEO DO CHOCOLATE PROMOCIÓNASE ENTRE OS ALUMNOS DE COCIÑA DE VILAMARÍN