.
Xoves, 14 Xuño 2018 22:48

O 24 DE XUÑO HABERÁ UNHA RUTA XEOLÓXICA POLO CAÑÓN DO RÍO MAO

O próximo día 24 de xuño, domingo, está programada unha ruta xeolóxica polo cañón do río Mao, que escomenzará ás 10 da mañán e está previsto que remate ás catro da tarde. A ruta contará co xeólogo Eduardo González Clavijo e a participación terá un custe de 12 euros por persoa, sendo imprescindible a inscrición previa. Trátase dunha excursión de divulgación xeolóxica aberta a todo o público. Para inscricións e máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Clavijo, gran experto na materia e profundo coñecedor da Ribeira Sacra dende a vertente xeolóxica, considera a zona como “de grande interese”, pois “como dicía un alcalde da zona, cando se lle ensina a alguén unha paisaxe tan bonita, pode ser moi atractivo explicarlle ademáis como se formou e de qué está feito”.

O recoñecido xeólogo afirma que “ao longo do cañón hai formacións de diferentes minerales e é moi curioso ver como cambia a paisaxe e os usos tradicionais do territorio en función destas diferencias. Hai zonas de granito puro nas que o río discurre encaixado entre ladeiras moi abruptas e nas que non hai viñedos nin outros cultivos e tampouco hai núcleos de poboación. Noutros lugares predomina a granodiorita, unha roca ígnea moi parecida ó granito pero con menos sílice. Nesas zonas a paisaxe é máis aberta e hai viñedos e pobos. Estos cambios ocurren tamén noutros lugares, pero no cañón do Sil vence con moita nitidez, como nas ilustracións dun libro. E creo que ó unha paisaxe tan espectacular asimílanse mellor as nocións científicas”.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O 24 DE XUÑO HABERÁ UNHA RUTA XEOLÓXICA POLO CAÑÓN DO RÍO MAO