.
Venres, 02 Novembro 2018 01:38

OS EXPERTOS SITÚAN A AVESPA PARASITOIDE TORYMUS COMO O ÚNICO REMEDIO EFICAZ PARA LOITAR CONTRA A VESPA DO CASTIÑEIRO

A loita biolóxica contra a avespa do castiñeiro coa utilización do parasitoide “torymus sinensis” e actualmente o único remedio eficaz para acabar coa plaga provocada pola invasión do Dryocosmus kuriphilus, nome científico da avespa do castiñeiro, que está mermando a produción nalgunhas zonas e provocando danos nas árbores que poden ser irreversibles co paso do tempo. O “torymus” é unha avespa enemiga natural da Dryocosmus que acaba coas suas larvas, segundo a comunidade científica.

O síntoma máis sinxelo para detectar se unha árbore está afectada é a existencia de bugallas na folla, que consisten en inchazóns dos tecidos, de cor verde ou vermello. Desenvólvense en ramas novas, nos peciolos das follas ou no nervio central das follas. Despois, as bugallas secan e poden permanecer unidas á árbore ata dous anos.

De feito a Xunta está levando a cabo soltas controladas de “torymus” para facerlle frente ás avespas que danan os castiñeiros. Segundo os técnicos da Xunta, o torymus sinensis pon os ovos no interior das bugallas e as suas larvas aliméntanse das larvas de dryocosmus, polo que “non é recomendable eliminar as bugallas secas das árbores, xa que na primaveira seguinte saen os adultos de torymus”. Os expertos da Administración Autonómica advierten que a solta destes parasitoides “non pode realizarse de modo particular, xa que so está autorizada para elo a Xunta”.

Para máis información sobre a praga ou para informar da súa presenza, os interesados poden dirixirse ó seu distrito forestal accedendo á web http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/ordenación/distritos/, así como chamando ó teléfono 988 386 695.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas OS EXPERTOS SITÚAN A AVESPA PARASITOIDE TORYMUS COMO O ÚNICO REMEDIO EFICAZ PARA LOITAR CONTRA A VESPA DO CASTIÑEIRO