.
Venres, 02 Novembro 2018 01:45

AS XORNADAS MICOLÓXICAS ABREN A PROGRAMACIÓN DO OUTONO 2018 EN PARADA, COA CASTAÑA COMO PROTAGONISTA NOS RESTAURANTES DO CONCELLO

As Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o domingo 4 de novembro entre as 10,00 e as 18,00 horas na Fábrica da Luz, abrirán oficialmente a programación do Outono 2018, posto en marcha polo concello de Parada. O programa da xornada cos cogumelos como protagonistas dará comenzo ás 10 da mañán coa presentación e a iniciación no mundo dos cogumelos a través do miscroscopio. Das 11,00 ata as 13,00 haberá saída ó monte para a recolleita e identificación de cogumelos; entre as 13,30 e as 15,30 está previsto un xantar a base de cogumelos, mentras que a sesión vespertina estará adicada ó recoñecemento e clasificación dos cogumelos a través do microscopio.

A participación é gratuita e os participantes so terán que abonar o custe do xantar (15 €). Para obter  información ou reservas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 988 984 990 – 679 060 509 – 696 481 987.

O sábado 10 de novembro está programada a segunda actividade da programación de outono, consistente na XII Andaina da Castaña para maiores, así como a versión específica para menos. Para recibir información eou inscribirse: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

O sábado 17 terá lugar outra das citas xa consideradas como clásicas no outono lúdico-cultural de Parada de Sil, coa VII Festa da Pisa no pobo de Purdeus (Chandrexa). O programa dará comezo ás 11,30 da mañán coa recreación da Pisa da Castaña, proceso tradicional da preparación das castañas secas, no que poderá participar calquera persoa que o desexe. Finalizada esta demostración, terá lugar o Xantar Popular da Castaña, no que se servirá fabada, tenreira guisada con castañas, postres variados, pan, bebida e café, a un prezo de 15 euros por persoa. A información e reservas pode facerse a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 988 208010.

Paralelamente desenvolverase a séptima edición da Feira de Produtos Locais, con casetas de exposición e venda de protutos da zona: viños, cervexas, marmeladas, queix, pan, bicas, etc.

Os días 24 e 25 de novembro tócalle o turno á IV Maratón Fotográfica de Parada de Sil e Ruta Xeolóxica. Información e inscrición en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

Durante todas as fins de semana do mes será posible a degustación de menús con castaña en tódolos restaurantes do concello de Parada.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas AS XORNADAS MICOLÓXICAS ABREN A PROGRAMACIÓN DO OUTONO 2018 EN PARADA, COA CASTAÑA COMO PROTAGONISTA NOS RESTAURANTES DO CONCELLO