.
Xoves, 21 Marzo 2019 18:27

O VESPA CLUBE VERÍN ORGANIZA UN PASEO POLO CANÓN DO SIL PARA VESPAS E MOTOS CLÁSICAS O 13 DE ABRIL

O Vespa club Verín está organizando un paseo para aficionados ó mundo das vespas e motos clásicas, que pasará, entre outros concellos polo de Parada de Sil, o próximo 13 de abril, sábado previo á Semana Santa. O evento consiste nunha ruta de 200 quilómetros,  con saída no polígono industrial de Pereiro de Aguiar as 10:00 da mañán e chegada ó mesmo lugar. No transcurso da mesma os participantes visitarán o Canón do Sil e o alto da estación de montaña de Manzaneda. A proba está organizada para un máximo de 200 participantes. Para inscricións, información ou dúbidas, serán atendidas no teléfono 669894046.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O VESPA CLUBE VERÍN ORGANIZA UN PASEO POLO CANÓN DO SIL PARA VESPAS E MOTOS CLÁSICAS O 13 DE ABRIL