(Foto gañadora na categoría "Visións de Parada de Sil", obra de Agustín Sevilla).
O fotógrafo ourensán Agustín Sevilla Briceño e o jerezano Francisco Javier Domínguez García, foron os gañadores do concurso “Rosa Pons” de fotografía nas categorías “Libre” e “Visións de Parada de Sil”, respectivamente, correspondente á duodécima edición, convocada polo concello de Parada do Sil co patrocinio de Camilo Yáñez Pons. O premio de “Visións de Parada de Sil” está dotado con 800 euros e o da categoría libre, con 700. O segundo lugar na de “Visións” foi para Rosa Villar, unha paticipante xa clásica no certame, que lle suporá un premio de 300 euros, en tanto que o correspondente á categoría libre recaeu en Miguel Planells, de Banyoles (Girona), xa galardoado tamén en ocasións anteriores, que percibirá 200 euros.
Nesta ocasión bateuse o récord de participación, con 614 fotografías presentadas a concurso, das cuais case cincocentas pertenecen á categoría libre e o resto á de visións de Parada. Estas cifras significan que “o concurso está sobradamente consolidado”, segundo o alcalde, Aquilino Domínguez. Sinala o rexidor municipal que “entre as anécdotas da presente edición está a presencia dun concursante de Malasia, así como de varios países suramericanos como Perú, Bolivia, Venezuela, Brasil e Arxentina, entre outros”.
De España, concursaron fotógrafos de todas as comunidades autónomas, agás Baleares, sendo a participación máis numerosa -fóra de Galicia- Cataluña, Madrid e Andalucía.
O xurado estivo composto por Luís Baños, fotógrafo e empresario Audiovisual; José Luis Diz Rodríguez, da asociación fotográfica Os Potiños, actuando como portavoz Xosé Antón Vázquez, da asociación cultural Ouro do Sil.
O concurso que ten como obxectivo fomentar a creatividade e dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxísitca da Ribeira Sacra e nomeadamente do concello de Parada de Sil, pero tamén de calquera outra parte do mundo na versión de tema libre. Foi unha iniciativa que víu a luz en 2008 da man de Francisco Magide Bizarro, daquela alcalde de Parada de Sil e hoxe primeiro teniente de alcalde e concelleiro de cultura.
A entrega de premios está fixada para o o día 21 de agosto ás 19,30 horas no salón de plenos do concello de Parada de Sil. O alcalde, Aquilino Domínguez, quere agradecer “o traballo do xurado para cualificar a gran cantidade de fotografías presentadas, así como a financiación do certame por parte do empresario Camilo Yáñez, Pons, natural de Parada e afincado en Barcelona”.
(Á esquerda, primeiro premio en versión libre; á dereita, segundo premio na categoría "Visións de Parada de Sil).
(Á esquerda, segundo premio na categoría libre. Á dereita, o xurado, co alcalde e cos patrocinadores do premio, Camilo Yáñez Pons e a sua dona, na fila inferior).