.
Domingo, 18 Agosto 2019 22:57

PARADA ACOLLE O DÍA 23 “MAXIA DE CATRO A CATRO” E O 24 A QUINTA EDICIÓN DO CERTAME DE CORAIS

A igrexa de Santa Mariña de Parada de Sil acollerá o próximo día 24 a quinta edición do Certame de Corais, organizado polo concello dentro da programación do Verán Cultural que deu comezo o pasado 10 de agosto coa visita teatralizada no mosteiro de Santa Cristina baixo  o título de “O solpor no mosteiro”, e que seguíu a Feira de Artesanía, que tivo lugar o día 15 na Praza do Curtiñeiro, con exposición e venda de produtos locais e con degustación dos mesmos con carácter gratuito para os asistentes. Ámbalas duas actividades acadaron un notable éxito de participación.

O certame de corais terá lugar o sábado 24 a partires das 20 horas na igrexa de Santa Mariña, como xa é tradicional, contando coa participación de coros adultos e de xoves. O día anteriores, venres 23, está programada “Maxia de catro a catro”, dentro do programa “Ler conta moito”, con Pedro García Bugarín, que terá lugar na biblioteca do concello a partires das 18,00 horas, con entrada gratuita para os que desexen participar. É apto para todos os públicos e especialmente indicado para a rapazada.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA ACOLLE O DÍA 23 “MAXIA DE CATRO A CATRO” E O 24 A QUINTA EDICIÓN DO CERTAME DE CORAIS