.
Sábado, 19 Outubro 2019 21:42

O 3 DE NOVEMBRO CELEBRARANSE AS VIII XORNADAS DE MICOLOXÍA NA FÁBRICA DA LUZ

Xa metidos no corazón do outono, as últimas chuvias fixeron que proliferen os cogomelos pola Ribeira Sacra. Con tal motivo, dende a Fábrica da Luz, espectacular enclave ubicado á beira do río Mao e da pasarela sobre o mesmo, organizan a oitava edición das Xornadas Micolóxicas para descubrir máis sobre a micoloxía. Ademáis de aprender a identificar as especies máis común existentes na zona, os participantes na mesma sairán a buscar cogumelos, que servirán de base para o xantar a desfrutar despois.

Na xornada tamén se ensinarán usos alternativos para os fungos: nutracéuticos, fabricación de coiros veganos e tintas exóticas, entre outros usos e curiosidades que os expertos poderán contar ós asistentes arredor dos cogomelos. A participación na xornada é de balde, en tanto que o xantar custa 15 euros. Máis información e reservas: 988 984 990 - 679 060 509 - 696 481 987 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Fábrica da Luz, Barxacova s/n, 32741 Parada de Sil, Ourense. Cómo chegar? 42°22'29.5"N - 7°29'49.8"W - 42.374849, -7.497162

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O 3 DE NOVEMBRO CELEBRARANSE AS VIII XORNADAS DE MICOLOXÍA NA FÁBRICA DA LUZ