.
Venres, 01 Novembro 2019 21:06

CABEZOÁS OPTA A SER “PREMIO ESCENARIO 2019” DE GALICIA

O Mirador de Cabezoás participa no “Premio Escenario 2019”, para escoller a mellor localización de Galicia, convocado polo clúster do turismo de Galicia. No certame participan 20 enclaves da Comunidade Autónoma, cinco por provincia. No caso de Ourense, son a vila de Ribadavia, o mosteiro de Oseira, Allariz, a Baixa Limia e a Ponte Vella de Ourense. A votación estará aberta ata o día 10 de novembro e ata o de agora, Cabezoás figura en terceiro lugar, detrás do mosteiro de Oseira e de Ribadavia, que está a gran distancia dos demáis aspirantes. Para votar, pódese facer a través da páxina web http://bit.ly/premiosgalicia_escenario.

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas CABEZOÁS OPTA A SER “PREMIO ESCENARIO 2019” DE GALICIA