.
Luns, 04 Maio 2020 14:13

PARADA PRORROGA ATA O 30 DE XUÑO O PLAZO DO PAGO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS E O DO 4º TRIMESTRE DE AUGA E O RECIBO DE LIXO ATA O 31 DE MAIO

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez Díaz, acaba de promulgar un decreto con data de 30 de abril de 2020, no que dispón unha ampliación ata o 30 de xuño de 2020 do período de pago de xeito voluntario dos tributos locais de notificación individualizada do Imposto de Vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2020 e do subministro de auga, correspondente ao 4º trimestre de 2019.

Asimesmo, a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense acordou aprobar a ampliación do periodo de pago voluntario dos recibos de recollida de lixo do ano 2020 ata o 31 de maio de 2020. Para o pago de calquera destes recibo a través de entidade bancaria serán válidos os recibos xa emitidos por Catoure, non sendo necesaria a solicitude de outros novos.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA PRORROGA ATA O 30 DE XUÑO O PLAZO DO PAGO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS E O DO 4º TRIMESTRE DE AUGA E O RECIBO DE LIXO ATA O 31 DE MAIO