.
Mércores, 20 Maio 2020 18:28

SAE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO PARA SUMINISTRO ELÉCTRICO Á FÁBRICA DA LUZ

Polo Pleno ordinario de data 13/05/2020, aprobouse o Proxecto de linea de baixa tensión para suministro eléctrico á Fábrica da Luz de Parada de Sil por importe de 113.916,36 €.

De conformidade co artigo 134 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, someter o expediente a información pública por un prazo de vinte días na páxina web do Concello (htpps://www.paradadesil.es), co fin de que quen puidesen darse por interesados no devandito expediente, poidan comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións teñan por convinte.

Parada de Sil, 20 de maio de 2020.- O Alcalde, Aquilino Domínguez Díaz

Prema a continuación para consultar o expediente. files/Proyecto_Linea_BT_Fabrica_da_Luz.pdf

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas SAE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO PARA SUMINISTRO ELÉCTRICO Á FÁBRICA DA LUZ