.
Martes, 07 Xullo 2020 22:24

O CONCELLO ACOLLERÁ O 10 DE XULLO A CERIMONIA DA ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DA OITAVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS “RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL”

O venres 10 de xullo terá lugar a entrega de premios aos gañadores da oitava edición do Concurso de Microrrelatos “Parada de Sil-Ribeira Sacra”, convocado polo concello de Parada de Sil. O acto, como é tradicional, terá lugar no salón de plenos do concello, coa presencia dos galardoados e membros do xurado, ademáis dos máximos representantes do goberno municipal.

Como é coñecido, a cerimonia da entrega de premios ós gañadores lévase a cabo no transcurso do acto solemne que cada ano organiza o concello con motivo do Día das Letras, no que se homenaxea a algún persoeiro que se teña distinguido polo seu compromiso con Parada. Nesta ocasión, o acto das Letras tivo que ser suspendido debido á que coincidíu ca etapa de confinamento decretada polo Goberno na loita contra o coronavirus. Agora, recuperada a normalidade, levarase a cabo a entrega dos galardóns nun acto específico.

Nesta ocasión, o primeiro premio, dotado con 1.000 euros, corresponde ó traballo “Unha vida de película”, obra da autora palentina Encarna Ruíz Rodríguez, segundo a decisión do xurado presidido polo profesor Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University; o tamén profesor Arturo Fernández, catedrático de Lingua e exdirector do instituto Otero Pedrayo, e o escritor e inspector de Educación Delfín Caseiro. O certame contou cunha participación récord con 1.044 traballos presentados a concurso, procedentes de España, Latinoamérica -con Arxentina á cabeza e tamén Ecuador, Colombia, Cuba, Venezuela, Canadá-, Estados Unidos, Europa e incluso Israel, que certifican a consolidación do certame no panorama literario.

O segundo premio, dotado con 500 euros, recaeu en Nones Araújo Fernández, de Vigo, co relato titulado “A preñez desiguala”, escrito en galego; e o terceiro foi para a coruñesa Siddharta Álvarez Sánchez, con “Café solo”, polo que recibirá unha compensación de 300 euros.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O CONCELLO ACOLLERÁ O 10 DE XULLO A CERIMONIA DA ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DA OITAVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS “RIBEIRA SACRA-PARADA DE SIL”