.
Mércores, 16 Setembro 2020 22:34

PARADA MELLORARÁ O CAMIÑO DE CASADOVENTO Ó MONTE DO ESPIÑEIRO CUN INVESTIMENTO DE 32.000 EUROS FINANCIADO CON FONDOS EUROPEOS

O concello de Parada de Sil levará a cabo a mellora do camiño que vai de Casadovento ó Monte do Espiñeiro, cun investimento de 31.928 euros, que será financiado cunha partida do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), que aportará o 75% do importe global (23.946 euros), así como do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e o Medio Ambiente (MAPAMA), que aportará o 7,5% (2.394,60 euros), e a Xunta de Galicia, que completará o 17,5% restante, cunha achega de 5.587,40 euros. A axuda  concédese en réxime de concesión directa e os traballos deberán estar rematados o 4 de xuño de 2021.

A obra levarase a cabo nas anualidades de 2020 e 2021, cunha distribución do orzamento en 15.964 euros para cada unha delas. A iniciativa está contemplada para a mellora dos resultados económicos de todas as explotación agrogandeiras que se atopen na área de servizo e comunicación da vía a mellorar a través do presente proxecto, facilitando de paso a reestructuración e modernización desas explotación, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA MELLORARÁ O CAMIÑO DE CASADOVENTO Ó MONTE DO ESPIÑEIRO CUN INVESTIMENTO DE 32.000 EUROS FINANCIADO CON FONDOS EUROPEOS