Infórmase a todos/ as os/ as veciños/ as que tras publicarse a II Edición de Holapueblo, promovida por Grupo Rede Eléctrica, Correos e Almanatura, este Concello, decidiu meses atrás, inscribir ao noso municipio para a súa elección como pobo candidato. Comunicáronnos que foi un dos 70 municipios elixidos de toda España para participar.
Holapueblo, é un proxecto que consiste en impulsar a repoboación nas áreas rurais facilitando o contacto de pobos en procura de novos habitantes con persoas que desexan realizar un cambio de vida poñendo en marcha un proxecto de emprendemento no medio rural e instalándose nos devanditos pobos que participan.
Agora, buscámosche a ti, se tes unha idea de emprendemento, non sabes como actuar, se che gustaría instalarche no medio rural, esta é a túa oportunidade, inscríbeche, se es seleccionado/a terás acceso a un proceso de mentorías individualizadas dirixidas a desenvolver a túa idea de negocio e acompañamento na procura de municipio compatible coas necesidades persoais e profesionais
Con este proxecto, o noso Concello de Parada de Sil pretende varios obxectivos, sendo os máis importantes:
- Mover a economía local e repoboar o noso municipio con persoas interesadas no noso municipio a nivel laboral e persoal.
Todo/a aquel/a que queira inscribirse para participar deberá acceder á web: holapueblo.com e preencher o formulario.
CONTAMOS CONTIGO, É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA COÑECERTE E DARCHE A COÑECER COA TÚA IDEA EMPRESARIAL.