.
Mércores, 10 Febreiro 2016 18:11

PARADA DE SIL, LUGAR MAIS BONITO DE GALICIA SEGUNDO A WEB VIAJESTIC ATRESMEDIA

O concello de Parada de Sil foi elixido como o pobo máis bonito de Galicia dentro do portal de turismo e viaxes Atresmedia "Viajestic", e agora está á espera de poder conseguir a mesma distinción no ámbito estatal. 

O grupo de goberno de Parada de Sil inscribiuse no concurso desta web en xaneiro, resultando elixido grazas aos votos recibidos dos internautas. O concello tivo coñecemento do resultado o 6 de febreiro e agora concursa para ser o pobo máis bonito de España cuxo período de votación está aberto ata o 26 de febreiro. A distinción a nivel galego encheu de satisfacción á alcaldesa, Yolanda Jácome, e o seu equipo de goberno. Segundo a rexedora, Parada ofrece moito que ver, como os canóns do Sil, o mosteiro benedictino de Santa Cristina, a pasarela do río Mao, os balcóns de Madrid, a necrópole de San Vítor, ademais dunha paisaxe privilexiada co colorido dos viñedos e os bosques de castiñeiros.

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas PARADA DE SIL, LUGAR MAIS BONITO DE GALICIA SEGUNDO A WEB VIAJESTIC ATRESMEDIA